Amigus
As Pontes

Experiencia piloto no CEIP A Fraga

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este curso que ven de rematar, a asociación Amigus estivo a colaborar co CEIP A Fraga no ámbito das TIC’s co préstamo dunha das nosas impresoras 3D para achegalas ó alumnado.

Logo dunha pequena charla de introdución ó 3D á que asistiron senón todos, case tódolos mestres xa comezaron a voar sós. Comprobaron empíricamente a importancia da calidade do filamento e foron quen de achegala impresión a tódolos nenos do colexio, dende 4° de infantil ata 6° de primaria deseñando pezas, imprimindoas, atopando erros e buscando a orixe e unha solución.

O colexio quedou contento coa experiencia e a asociación tamén, magoa que non se poidera colaborar de xeito máis activo, pero tomamos nota das posibles melloras de cara a vindeiros cursos e máis colexios.

 

Grazas ó equipo Tic’s polo seu entusiasmo e entrega.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios