Amigus
As Pontes

Campamento de ciencia e tecnoloxía 2024 Amigus

Do 19 ó 23 de Agosto no local do pulpo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Presentamos o campamento de ciencia e tecnoloxía 2024 de Amigus, que este ano presentará dous cambios. Primeiro, que se traslada do habitual Lar ó local do pulpo a carón do parque da Fraga e tamén retrasa a súa celebración ata a terceira semana de Agosto, agardando que isto non seña un inconveniente para a participación dos rapaces e rapazas.

O campamento terá unha duración de 5 días, de luns a venres, en horario de 9 a 14h horas.

As inscripcións poderán facerse dende o día 15 de xullo neste enlace ou no seguinte QR.

Como ven sendo habitual, as rapazas e rapaces entre 5 e 14 anos poderán descubrila ciencia na cociña, aprenderen interactivamente sobre botánica, ou descubrir sobre o cosmos no planetario hinchable. Por suposto tamén programarán e montarán distintas placas de programación, farán experimentos ou mesmo manualidades. Ademáis este ano contaremos cunha actividade de realidade virtual e voltaremos convidalos á merenda grazas a Servicio Móvil.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios