Bases reguladoras específicas para a concesión dunha subvención para a organización das festas patronais do Carme e A Fraga 2012

BASES REGULADORAS ESPECÍFICAS PARA A CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN PARA AS FESTAS PATRONAIS DO CARME E A FRAGA 2012
Concello de As Pontes, ano 2012
Artigo 1º. OBXECTO
A presente convocatoria, de conformidade co disposta na Lei 7/1985, de bases do réxime local, Lei 5/1997, de administración local de Galicia, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, Lei de subvencións de Galicia, título V das bases de execución do orzamento do Concello de As Pontes para o exercicio de 2010, prorrogado, ten por obxecto regular o procedemento de concesión dunha subvención para a organización das festas patronais do Carme e A Fraga de 2012.
Artigo 2º. CONCEPTOS SUBVENCIONABLES, ORZAMENTO E CONTÍA
O concepto subvencionable é a organización das festas patronais do Carme e A Fraga. A convocatoria realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2012.0.338.48904 dos orzamentos do Concello. A contía da subvención será dun importe máximo de 179.500 €.
Artigo 3º. SOLICITANTES
Poderán solicitar a subvención as comisións de festas que cumpran os seguintes requisitos:
–Estar legalmente constituídas, o que deberán acreditar coa fotocopia compulsada do C.I.F. .
–Carecer de fins de lucro.
–Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción das axudas ou subvencións públicas.


Artigo 4º. SOLICITUDES
A solicitude formularase no impreso anexo, co que se achegará a seguinte documentación:
4.1. – Fotocopia da tarxeta do CIF da entidade
4.2.- Fotocopia da tarxeta do NIF do representante
4.3.- Certificación dos datos bancarios da entidade, segundo modelo aprobado polo Concello
4.4.- Memoria de actividades que se pretenden realizar durante as festas do Carme e A Fraga do ano 2012.
4.5.- Orzamento estimativo de gastos e ingresos de cada actividade e importe da subvención solicitada.
4.6.- Declaración xurada do beneficiario ou o seu representante das subvencións solicitadas para a mesma finalidade ou de non ter solicitadas subvencións para a mesma finalidade.
4.7.- Certificación acreditativa do acordo de solicitude e do nomeamento do representante para as súas relacións co Concello.
4.8.- Certificación na que a entidade se comprometa a facer constar a colaboración do Concello das Pontes en toda a información que realice do desenvolvemento das actividades.
4.9.- Declaración do representante de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións da Administración pública e de aceptación das bases da convocatoria.
4.10.- Declaración do representante, na que conste que a entidade está ao corrente das súas obrigas coa Axencia Tributaria, coa Seguridade Social e co Concello.
4.11.- Declaración do representante, de non estar incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións da Administración pública.
4.12.- Autorización para que o Concello poida obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
A documentación que se entregue en fotocopia deberá chegarse debidamente compulsada.
O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base 4 deberá ser emendado no prazo de dez días dende a recepción do requirimento.
Artigo 5º. LUGAR E PRAZO DE PRESENCTACIÓN DAS SOLICITUDES
5.1 Prazo de presentación das solicitudes: cinco días naturais, a contar dende o día seguinte ao da súa aprobación e publicación no boletín oficial da provincia.
5.2 Presentación das solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello e na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Artigo 6º. ACTIVIDADES E GASTOS SUBVENCIONABLES
O Concello das Pontes subvencionará as seguintes actividades e os gastos que xeren:
– Os cachés e obrigas contractuais das actuacións especiais nocturnas e orquestras dos días 20, 21, 22, 23, 24 e 25 de xullo de 2012.
– Alfombra floral
– Actividades relacionadas coa romaría da Fraga
Artigo 7º. PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN POR PARTE DO BENEFICIARIO
Á comisión de festas que se lle conceda a subvención, deberá facer público este financiamento municipal, incluíndo o escudo do Concello en toda a publicidade que se xere (carteis, folletos, follas informativas…) nos medios electrónicos ou audiovisuais e nos anuncios que poida publicar nos medios de comunicación escritos.
Artigo 8º. CRITERIOS DE VALORACIÓN
Os criterios de valoración serán os seguintes:
A) Criterios para a valoración do programa TOTAL 80 puntos
a.1) Interese do programa ata 40 puntos
Cuestións que se poderán valorar dentro deste criterio:
Coincidencia coas liñas estratéxicas, obxectivos e criterios das áreas municipais de cultura e deportes, tal como eventos tradicionais; número de participantes; impacto previsto; innovación; ámbito xeográfico; duración do programa; colectivo ao que vai dirixido (incluíndo todos os grupos de idade); consolidación do programa (programa desenvolvido anteriormente); colaboración con outros entes; relación entre o interese do programa e o orzamento presentado.
a.2) Calidade no deseño do programa ata 10 puntos
Cuestións que se poderán valorar dentro deste criterio:
Inclusión de: resultados esperados; indicadores de cumprimento e avaliación; comunicación externa; comunicación interna; uso de novas tecnoloxías; xustificación (razóns que motivan a execución do programa)
a.3) Adecuación do orzamento ata 10 puntos
Cuestións que se poderán valorar dentro deste criterio:
Esforzo financeiro (búsqueda doutras fontes de financiamento) e eficiencia na asignación dos recursos.
B) Valoración da comisión de festas solicitante TOTAL 20 puntos
Cuestións que se poderán valorar dentro deste criterio:
Experiencia contrastada; capacidade para desenvolver o programa; estrutura participativa e equitativa.
Artigo 9º. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN. ÓRGANOS COMPENTENTES
O réxime aplicable á subvención é o de concorrencia competitiva; a concesión da subvención realizarase mediante resolución de alcaldía, a proposta motivada da comisión avaliadora e requirirá informe do servizo de cultura (órgano instrutor do expediente) no que figure que da información que consta no seu poder, derívase que os beneficiarios reúnen todos os requisitos necesarios para acceder ás subvencións. A comisión avaliadora realizará a comparación das solicitudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre as mesmas, de acordo cos criterios sinalados no artigo anterior, propoñendo a adxudicación da subvención a aquelas que tiveran maior valoración, sen exceder, en ningún caso, o importe da dotación orzamentaria fixada nestas bases. A comisión avaliadora redactará unha acta puntuando as solicitudes de acordo cos criterios enumerados nas bases e propoñendo un importe a subvencionar.
Composición da comisión de valoración: Alcalde-Presidente do Concello, ou membro da Corporación en quen delegue; Vocais: dous concelleiro/as designados/as polo alcalde-presidente, dous traballadores municipais e actuará de secretario o da corporación ou en quen delegue.
O órgano competente para a concesión de subvencións é o alcalde. Será preceptivo informe previo do servizo de Intervención sobre a existencia de crédito dispoñible, adecuado e suficiente así como o de fiscalización previa do gasto e das solicitudes.
Artigo 10º.- COMPATIBILIDADE CON OUTRAS SUBVENCIÓNS
Esta subvención do Concello de As Pontes será compatible coas doutras administracións ou entes públicos ou privados. En calquera caso, o montante do financiamento obtido, por subvencións e outras fontes, non poderá resultar superior ao custo do programa subvencionado.
Artigo 11º.- ABOAMENTO DA SUBVENCIÓN
11.1 O aboamento da subvención efectuarase do seguinte xeito: o 80% do importe da subvención mediante pago por anticipado. O 20% restante pagarase cando sexan xustificados documentalmente os gastos realizados con carácter prepagable no primeiro prazo, quedando obrigada a Comisión de Festas a xustificar documentalmente o destino final de todos os fondos.
11.2 A subvención concedida será aboada mediante transferencia bancaria á conta corrente da persoa ou entidade que figure no certificado de datos bancarios entregado coa documentación de solicitude.
11.3 O aboamento da subvención non se levará a cabo se a persoa ou entidade beneficiaria tivese pendente xustificar algunha subvención cuxo prazo de xustificación xa finalizara. Tampouco se procederá ao aboamento se a persoa ou entidade non reintegrara algunha subvención anterior cando así se lle requirira.
11.4.-Para o cobramento da subvención a entidade deberá estar ao corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Tributaria, Seguridade Social e o Concello de As Pontes , situación esta última que determinará de oficio o propio Concello, a través do Servizo de Recadación.
11.5 En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións ou Entes Públicos, ou ingresos xerados polo desenvolvemento da actividade subvencionada, supere o custo da actividade a desenvolver polo beneficiario.
Artigo 12º. PRAZO DE RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN
O prazo máximo de resolución das solicitudes e notificación ás comisións de festas solicitantes será de dez días contados a partir do remate de prazo para presentar as solicitudes. A resolución deberá conter a relación de solicitantes que resulten beneficiarios e o importe concedido, e a desestimación do resto de solicitudes. Contra a desestimación expresa o presunta das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan.
O acordo definitivo que outorga ou denega a subvención será notificado os solicitantes.
Artigo 13º. XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN
13.1 Prazo de xustificación.
O prazo para a presentación da xustificación desta subvención será ata o 30 de novembro de 2012, se ben antes de finalizar o prazo, poderá ampliarse por solicitude do interesado ou por proposta razoada da unidade xestora.
Se non se presenta a xustificación dentro de prazo (inicial ou prorrogado), será requirido ao beneficiario para a súa presentación (art.70 do Regulamento de subvencións). A falta de presentación no prazo de 15 días dende o requirimento, dará lugar a que por resolución da Alcaldía se inicie expediente de anulación do correspondente compromiso. A resolución final notificaráselle á entidade e á Intervención municipal para o seu reflexo contable.
En calquera caso, a data límite para a xustificación non poderá exceder da fixada nas bases de execución do presuposto xeral do Concello das Pontes de García Rodríguez para o exercicio 2010, prorrogado
13.2 Cantidade a xustificar.
Os gastos xustificados deberán axustarse aos conceptos aprobados no orzamento inicial, e con carácter xeral non se admitirán como xustificantes facturas de bebidas alcohólicas, tabaco ou calquera outro produto considerado lesivo para a saúde.
Considerase gasto realizado aquel que foi efectivamente pagado con anterioridade ao remate do período de xustificación determinado pola normativa reguladora da subvención.
Deberá xustificarse o 100% da subvención concedida polo Concello de As Pontes, ademais dunha relación detallada de outros ingresos e/ou subvencións que financiaran a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.
13.3 Sistema de xustificación.
En xeral, a xustificación efectuarase mediante a presentación pola persoa ou entidade beneficiaria dunha conta xustificativa simplificada , segundo se describe a continuación.
A conta xustificativa incluirá:
a) A memoria das actividades levadas a cabo para a execución do programa.
b) Unha relación clasificada de ingresos e gastos, asinada polo secretario e presidente da comisión correspondente á execución do programa de festas.
No tocante aos ingresos, deberá xuntarse unha relación individualizada de todas as achegas recibidas, así como dos ingresos obtidos por publicidade, patrocinio, postos, toldos e barracas, etc…, co importe total calculado; no caso das aportacións de empresas, postos ambulantes, toldos, barracas, anuncios da revista na relación deberá constar o nome da empresa e CIF, ou no seu caso, nome, apelidos completos en abreviaturas e NIF.
No caso dos gastos, deberá facerse unha relación individualizada con indicación dos acredores (nome da empresa e CIF, ou no seu caso, nome, apelidos completos en abreviaturas e NIF), dos conceptos de gasto e dos tipos de documentos (nº de factura ou documento equivalente, importe, data completa de emisión).
c) A documentación xustificativa que acredite os gastos efectuados dentro do prazo previsto para a execución do programa, que deberán quedar xustificados na súa totalidade, mediante a seguinte documentación:
·Declaración ou certificación de ter cumprida a finalidade da subvención mediante a realización das actividades para as que foi concedida.
·Relación detallada das subvencións ou axudas obtidas doutras Administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto ou, pola contra, declaración de non ter percibido outras subvencións públicas ou privadas para o mesmo obxecto.
·Certificación bancaria na que conste que a subvención se ingresou na conta corrente da Comisión de Festas e do rexistro da súa contabilidade.
·Relación detallada dos movementos da conta bancaria da entidade dende a súa apertura ata a data de presentación da documentación para a xustificación da subvención.
·Acreditación da realización de gastos, do seguinte xeito: Facturas orixinais e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, ou fotocopias compulsadas de todos os gastos realizados con motivo das Festas, nas que se acredite o seu pagamento mediante transferencia bancaria, talón nominativo ou calquera outro medio que deixe constancia da data de pago e da identidade do perceptor.
· sinatura do provedor. As facturas orixinais presentaranse cunha estampilla, indicando na mesma que a devandita factura se presenta para xustificar a subvención do Carme e A Fraga 2012, e de forma numerada acompañada dunha relación das mesmas, co importe total calculado mediante facturas orixinais
Unicamente serán subvencionables os que respondan de maneira indubidable á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido e que ademais estean efectivamente pagados con anterioridade á xustificación da subvención.
13.4 Falta de xustificación ou xustificación insuficiente.
Vencido o prazo de xustificación, ou no seu caso da prórroga, sen que a entidade presentara a documentación xustificativa, o departamento de cultura a requerirá para que a presente no prazo improrrogable de quince días. A falta de presentación da documentación neste prazo suporá a perda da subvención e demáis responsabilidades previstas na Lei xeral de subvencións.
No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de dez días para a súa corrección. Pasado dito prazo iniciarase o procedemento de reintegro, xunto ao interese de mora, nos termos establecidos no apartado 1 do artigo 37 da Lei xeral de subvencións.
No caso de no ter xustificado a subvención correctamente en forma e prazo estipulados, a entidade non poderá participar na convocatoria de convenio do ano 2013.
13.5 Obrigas do beneficiario na xustificación.
O beneficiario queda obrigado a facilitar canta información lle sexa requirida polo Concello e polo Tribunal de Contas e sométese ás responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei xeral orzamentaria e, de ser o caso, ao disposto no Código Penal.
Os membros da Comisión de Festas quedan suxeitos a calquera responsabilidade contable que poida xurdir dunha incorrecta aplicación ou indebida xustificación da subvención recibida, así como de calquera impago das actuacións ou actividades contratadas.
Comunicar ó Concello a obtención doutras subvencións de calquera entidade pública ou privada.
Xustificar o gasto realizado antes do 30 de novembro do ano 2012, de acordo co previsto nas presentes Bases.
Artigo 14º. PUBLICIDADE DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA
Antes de que remate o ano, o Concello publicará a subvención concedida á Comisión de Festas do Carme e A Fraga.
Artigo 15º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
En materia de infraccións e sancións estarase ao disposto no Título IV da Lei 38/2003, xeral de subvencións.
Disposición adicional primeira.
Con carácter xeral admitiranse fotocopias sempre que veñan compulsadas:
·Diante de notario.
·Polo Rexistro Xeral do Concello de As Pontes de García Rodríguez.
·Polo órgano administrativo que teña no seu poder os documentos orixinais.
Disposición adicional segunda.
Para o non previsto nestas bases será de aplicación o disposto na Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, así como as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral do Concello para o ano 2010, prorrogado.
As Pontes de García Rodríguez, 26 de xuño de 2012.
Valentín González Formoso
O Alcalde,

También podría gustarte
Comentarios