
Pantalla xigante instalada polo concello entre o parque e o colexio Santa María, lugar onde comezou a festa.

Deceas de ponteses seguiron o partido na pantalla xigante do parque.

Nos bares, as celebracións do gol de Iniesta anticipaban a festa do resto da noite.

Na imaxe, a parroquia do bar Zeppelin seguindo atentamente a entrega do trofeo a Iker Casillas.

Dez anos despois do triunfo do Deportivo, a fonte da Praza do Hospital volveu encherse de afecionados futbolistas que quixeron celebrar o primeiro campionato mundial da selección española.

Algúns chegaron, incluso, a subir ao máis alto da fonte con bengalas vermellas para celebrar o mundial.

Catro Camiños, Canaletes, Cibeles, Neptuno e… ¡Praza do Hospital!

A festa comezou na praza pero seguirá toda a noite nas Pontes. Este domingo marca o principio das festas do Carme, cinco días antes do comezo oficial.
Nova cortesía de Xosé Alberte e Hugo