Amigus
As Pontes

Nota de prensa BNG: O BNG APOIA A DEFENSA DO EMPREGO EN GALPARKÉT

O Portavoz Nacional do BNG Guillerme Vázquez, acompañado do Responsábel Comarcal de Ferrolterra Francisco da Silva e da Responsábel de Organización Jéssica Fernández Polo, xunto cos membros do Grupo Municipal das Pontes, celebraban onte, durante a Festa da Patria Comarcal da organización nacionalista, unha reunión, a iniciativa do BNG, coa representación social da empresa pontesa Galparkét, ameazada por un ERE de extinción de emprego que afecta, inicialmente, a 41 traballadores e traballadoras dunha plantilla cunha media de idade moi nova e con maioria de mulleres.
Os delegados de persoal explicaron aos representantes nacionalistas a súa proposta alternativa, que pasa por unha redución temporal, sen despidos, e subliñaron a actitude prepotende da empresa que nega calquera outra posibilidade que non pase pola perda de emprego.


O Portavoz do BNG lembraba á representación social o contexto actual no que as reformas laborais aprobadas polo Goberno do Estado e a pasividade da Xunta dificultan en grande medida a defensa dos dereitos laborais, defensa que é responsabilidade de todos e todas.
O BNG, unha vez máis, reiterou o seu compromiso en defensa do emprego e dos dereitos sociais, e puxo a disposición da plantilla de Galparkét os medios institucionais –municipais e parlamentares-; o Portavoz Nacional fixo un convite aos membros do Comité de Empresa para participaren na manifestación do 25 de xullo coa súa propia pancarta, faixa que estará protexida por miles de persoas do vento e de calquer decisión de tipo político, en alusión á retirada que se producía a semana pasada da única pancarta revindicativa, namentres que aínda hoxe se poden ver as colocadas polo Concello cun acto deportivo.
Como primeira actuación, o voceiro do Grupo Municipal rexistraba un escrito no Concello no que instaba ao goberno municipal a solicitar unha reunión urxente da Mesa do Carbón, presidida pola Director Xeral de Industria, que non ten recibido ate hoxe á representación social, cando o prazo remata o día 14.
Asemblea Local das Pontes, 12 de xullo de 2010.

También podría gustarte
Comentarios