Amigus
As Pontes

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CICLOCROSS LAGO DE AS PONTES 2025.

Rematou este domingo coas vitorias de Felipe Orts e Sofía Rodríguez

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Esta fin de semana, dende o venres ata este domingo, disputouse no Lago de As Pontes o Campionato de España de Ciclocross, na súa 89ª edición, que culminou con un doblete da Comunidade Valenciana nas dúas probas élite.

Na categoría masculina prodúxose un fito histórico pois coa súa sétima vitoria consecutiva, Felipe Orts, supera os seis títulos de David Seco e Jose Luis Talamillo. En segunda posición entrou Jofre Cullel, que fora Campión Europeo Xuvenil de Mountain Bike en 2017.

Na categoría feminina Lucía González Blanco “so” puido ser segunda, polo que queda con seis títulos e non alcanza os sete triunfos da súa paisana asturiana Aida Nuño. Venceu Sofía Rodríguez.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios