Amigus
As Pontes

Charla de inicio á regularidade

O vindeiro 16 de xuño ás 10 da mañán, o automóbil club As Pontes ofrecerá una charla informativa de inicio á regularidade para tódolos interesados na aula do circuito de karts de As Pontes.

Os temas a tratar irán dende a normativa ata a interpretación do rutómetro ou o desenrolo dunha proba de regularidade. Tamén haberá unha parte práctica sobre un tramo de ensaio.

 

Esta charla será de gran interese para todos aqueles donos de vehículos clásicos que queiran participar nunha proba de regularidade, ou por exemplo na vindeira clásica vila das Pontes que se celebrará o 22 de xuño.

 

 

Para inscribirse na charla, hai que enviar un email indicando que se quere participar co nome e apelidos e un teléfono de contacto a

inscripcions@automovilclubaspontes.com

 

 

Máis información no Facebook ou na web de ACAP.

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.