Amigus
As Pontes

CHUS CAÑIZARES NA CONVOCATORIA DEFINITIVA PARA ASTURIAS

O futbolista pontés entrou na lista definitiva de 18 xogadores de Pichi Lucas

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O seleccionador galego, Pichi Lucas, deu a coñecer este martes a convocatoria de 18 xogadores que disputarán a primeira fase da Copa das Rexións Uefa, contra Asturias e Cantabria, e na que estará o xogador pontés Jesús Cañizares Sánchez.

Chus xogou nos dous primeiros encontros de preparación, e pese a non poder estar no último, dado que tivo que xogar o mesmo día co seu equipo, o Silva, contra o Langreo, ó final fíxose cun oco entre os 18 elixidos.

Acuden tamén dous ex xogadores do As Pontes, Iago López e o cedeirés Marcos Souto, o pontedeumés do Compostela Alex Ares, os xogadores do Somozas Pacheco e Jacobo, e Villares do Racing Vilalbés.

A selección galega xogará contra a locataria de Asturias o día 8 en El Berrón, e o día 9 ante Cantabria en La Felguera. En ambos casos, os encontros xogaránse ás 12:00. O día 10 á mesma hora, xogarán asturianos e cántabros en Pola de Siero.

Os convocados son:
Porteiros: 1 Marcos Souto (R.Vilalbés), 13 Rodrigo Iglesias (Negreira)
Defensas: 2 Carlos Pacheco (Somozas), 3 Aarón Rama (Bergantiños), 4 Rubén Comesaña (Choco), 5 Iago López (Bergantiños), 12 Álvaro Fernández (Alondras), 14 Lucas Fernández (Choco)
Medios: 6 Cassio Luis (Barco), 7 Chus Cañizares (Silva), 8 David García (Laracha), 10 Alex Ares (Compostela), 11 Jacobo Millán (Somozas), 15 Diego Villares (R.Vilalbés), 17 Julio Rey (Arousa)
Dianteiros: 9 Edu Otero (Ourense), 16 Javi Pazos (Arousa), 18 Rodrigo Alonso (Bergantiños)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios