Amigus
As Pontes

CLUB DEPORTIVO AS PONTES 2016/17: PARTIDOS 8-9 / ABRIL / 2017

O As Pontes, xa descendido á Preferente galega, xoga este domingo un partido de trámite ante o Choco

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Encontro no que o CD As Pontes xógase a honra de ofrecer ós seus fieis seguidores unha vitoria mentres que o Choco, que foi de menos a máis, quere asegurar canto antes a permanencia, é décimo segundo con 43 puntos.

Moita tinta se pode gastar para atopar unha explicación de como chegou a esta situación un dos clubs históricos do fútbol galego e incluso español, cando hai vinte anos militaba na Segunda División B e nos últimos levaba sete campañas seguidas na Terceira División, logo de lograr o ascenso na tempada do 50º aniversario da súa federación.

Á maioría dos afeccionados ponteses, poucos pero fieis ó seu Club, quédalles a sensación de cabreo e impotencia, porque non se explican o sucedido ó non ter información algunha da entidade dende hai tempo. Faltou esa sintonía entre Club e a masa social, ademais doutras cousas e situacións.

Tódolos equipos fixeron o que puideron co que confeccionaron a comezos de tempada. O feito está aí. Pero, o que non cabe dúbida de que a entidade ten que dar un xiro.

En campo redondelán, na primeira volta, o Choco gañou pola mínima cun gol de penalti no minuto 53 de partido. Nas once visitas anteriores ó campo do Poboado o Choco só venceu en dúas, na fase de ascenso á Terceira División na tempada 1962/63 (2-3), na que os redondeláns lograron o ascenso xunto ó Compostela, que foi primeiro da fase, e na tempada 1970/71 (0-4). Na 1973/74 rexistrouse empate a cero goles e os oito restantes choques foron vitorias dos ponteses, sendo a máis avultada (6-1) a da tempada 1971/72.

TERCEIRA DIVISIÓN 2016/17 (33ª xornada)
· C.D. AS PONTES – C.D. CHOCO
CAMPO DO POBOADO (As Pontes)
Domingo 9 de Abril de 2017 (17:30 h)
ÁRBITRO: BERNARDO DOMÍNGUEZ MANTEIGA (A Coruña)

LIGA FEMININA F-8 (Ferrol)
· CCRD PERLÍO – CD AS PONTES
Campo dos Pinares (Perlío)
Domingo 9 de Abril de 2017 (12:30 h)

1ª AUTONÓMICA XUVENIL 2ª Fase (Grupo 4º)
· CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 8 de Abril de 2017 (16:15 h)

1ª AUTONÓMICA CADETE 2ª Fase (Grupo 4º)
· AMISTADE MEIRÁS – CD AS PONTES
Campo de Santa Mariña do Monte (San Sadurniño)
Sábado 8 de Abril de 2017 (11:30 h)

1ª AUTONÓMICA INFANTIL 2ª Fase (Grupo 4º)
· GALICIA DE MUGARDOS – CD AS PONTES
Campo da Pedreira (Mugardos)
Sábado 8 de Abril de 2017 (12:15 h)

CATEGORÍA ALEVÍN (2ª Fase)
· GALICIA MUGARDOS – CD AS PONTES
Campo da Pedreira (Mugardos)
Sábado 8 de Abrill de 2017 (11:10 h)
· CD AS PONTES “B” – NARÓN O FREIXO “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Venres 7 de Abril de 2017 (18:45 h)

CATEGORÍA BENXAMÍN (2ª Fase)
· SD RÁPIDO NEDA – CD AS PONTES
Campo Municipal (Neda)
Sábado 8 de Abril de 2017 (12:00 h)
· CD AS PONTES “B” – SRD ÁNIMAS “B”
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 8 de Abril de 2017 (11:00 h)

CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2ª Fase)
· CD AS PONTES – SD RÁPIDO NEDA
Campo do Poboado (As Pontes)
Sábado 8 Abril de 2017 (12:10 h)
· RACING FERROL “C” – CD AS PONTES “B”
Campo da Malata 3 (As Pontes)
Sábado 8 de Abril de 2017 (12:15 h)

CATEGORÍA BIBERÓN
· CD AS PONTES – CEDEIRA SD
Campo do Poboado (As Pontes)
Domingo 9 de Abril de 2017 (11:30 h)

Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios