O Colectivo Feminista de As Pontes organiza a súa I Xornada Feminista

A xornada terá lugar o vindeiro 10 de marzo. Dende o Colectivo pedimos a colaboración veciñal para poder levala a cabo.

Con motivo da celebración do 8 de marzo, día internacional da muller, dende o Colectivo Feminista de As Pontes organizamos unha xornada feminista para o vindeiro 10 de marzo con diversas actividades, aptas para todas as idades.

Entre as máis destacadas, un pasarrúas feminista, a proxección dun documental, un xantar de convívio e unha palestra na que varias mulleres contarán as súas experiencias no ámbito laboral e persoal.

Dende o Colectivo indican que non temos apoios institucionais, polo que animamos a toda a veciñanza a participar na xornada e a colaborar da súa organización.

Cómo podes axudar?

– Mercando unha camiseta. O prezo é de 10 euros. Preciso contactar por privado no Facebook ANTES deste mércores día 21.
– Participando no pasarrúas feminista. Trae o teu instrumento e acompáñanos!
– Participando no xantar: trae a túa comida e compártea
– Facendo un pequeno donativo para axudar a sufragar os gastos da xornada
– Asiste o día 10 e acompáñanos!

O Colectivo Feminista de As Pontes agradece de antemán toda a axuda prestada.

Estamos xuntas na loita! Feminismo para vivir!

Colectivo Feminista de As Pontes

También podría gustarte
Comentarios