Como aforrar 150 millóns de euros empregando Software Libre
Lendo agnix.org:
“Aínda que este non é o titular máis axeitado para o usuario final de Software Libre polas contías que se manexan, si o sería, e moi suxerente, para unha administración, como neste caso acontece coa administración andaluza.
Segundo publica hoxe o Diario de Cádiz, dende que empregan Software Libre a Xunta de Andalucía leva aforrados algo máis de 150 millóns de euros, e iso tendo en conta a inversión que o propio Goberno autonómico fixo o longo dos últimos anos no desenvolvemento de aplicacións informáticas.”…
Fonte: agnix.org