O Escornabot (https://escornabot.com/) é un robot educativo de software e hardware libre.
Que é o xenial de que sexa así? Que podemos montarnos un cuns poucos componentes e pezas, ademáis de que podemos melloralo como nós queiramos. Dende o deseño do chasis ata os circuitos ou o programa que fai que se mova. A imaxinación é o límite!
Neste obradoiro nos xuntaremos para montar un Escornabot en familia. Aprenderemos que é o software e o hardware libre, cómo funciona o Escornabot, algunhas nocións básicas de electricidade e electrónica e o máis importante… cómo usar o noso novo amigo robótico.
Non é necesario traer nada de casa, nós temos todo o necesario para montar o Escornabot. Aínda así podes traer o teu ordenador portátil para programalo tí mesmo e seguir fedellando na casa.
Nota: cada praza no obradoiro é para dúas ou tres persoas (obligatorio adulto e un ou dous menores). Idade recomendada dos nenos/as de 6 a 12 anos.
O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en https://www.amiguslabs.org/obradoiro-de-escornabot-para-familias/.