I CICLOCROSS INTERNACIONAL LAGO DE AS PONTES 2022

Disputouse este mércores festivo á mañá

135

Este mércores soleado á mañá disputouse no Lago pontés a primeira edición do Ciclocross Internacional do mesmo nome, proba Uci, retransmitida en directo polas cámaras da Tvg2.

Preto de 200 participantes deronse cita no lago pontés. Varios dos mellores competidores españois, e tamén había ciclistas das grandes potencias deste deporte, como Bélxica e Holanda, amén de italianos e franceses.

Na categoría Élite masculino venceu o gran Felipe Orts, do Burgos BH, seguido do neerlandés Luke Verburg e do transalpino Lorenzo Masciarelli.

O de Villajoyosa, Subcampión Mundial sub23, é o gran dominador do ciclocross estatal, gañando os últimos catro Campionatos de España, e situándose a so dous do récord de seis logrados por Jose Luis Talamillo e David Seco.

Na categoría Élite feminina venceu a belga Laura Verdonschot, seguida pola italiana Asia Pontone, e terceira a catro veces Campiona de España, Lucía González Blanco, das maravillosas terras asturianas, como as grandes dominadoras desta especialidade, Aida Nuño (7) ou Rocío Gamonal (5).

Noutras categorías resultaron vencedores, en Sub23, Luke Verburg e Asia Zontone, en Junior, o galo Fantin Gloux e Uxía Soto (Froiz), e en Cadete, Nestor Frías (O Porriño) e Lorena Patiño (Santomé).

Nos máis “veteranos”, Miguel Llaneza e Beatriz Megido, ambos do Cayonbikes, gañaron en Máster 30, Paula Blanco (Monte Xalo) en Máster 40, Marco Antonio Prieto (Nesta) en Máster 50, e Manuel Dorrio (Cambre) en Máster 60.

Foto portada Luz Iglesias. Nova cortesía Xose Ferreiro e Raimundo Carballo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios