Amigus
As Pontes

LIGA GALEGA FEMININA INFANTIL. MARBLE LAGO DVSPORT 2 – ADC LUGO SALA DENTAL ARIAS 8

Partido este venres á tarde-noite nun ateigado Monte Caxado.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Debut na casa das cativas de Diego Paz “Vinicius” nesta Liga Galega Infantil tras descansar a pasada semana. É un dos tres equipos femininos do clube, e en xeral do deporte balompédico pontés, xunto ao Sénior e o Alevín.

Recibían ao equipo da capital lucense do Lugo Sala, que venceu por 2-8, cos goles do equipo pontés, de tradición familiar deportiva.

O primeiro, de Adair Bellas Legaspi, de nai Bronce Europeo e Mundial en Taekwondo, e tío avó internacional español deste deporte un 25 de Novembro de 1988 nun España 4 – Italia 3. O segundo, de Aitana López Vilaboy, de tío gran ex xogador, e avó mítico (é quedarse curto) adestrador da canteira do Endesa de As Pontes.

Xogaron Daniela Feal, Adair, Aitana, Paula, Daniela Calvo; Carla, Noa, Aroa, Candela, Antía e Sheyla.

Próxima visita ao Academia 5 Coruña, nesta complicada Liga na que tamén están Viaxes Amarelle, Castro, Ribeira, e Narón O Freixo.


Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto Equipo Diego Vinicius

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios