Sufrido debut do CD As Pontes nesta Segunda Rexional de Ferrol, ante o Canido. Ao descanso chegouse con 1-1, a pesar de adiantar Jandro aos locais.
No segundo período Luis aproveita de cabeza un bo centro de Echavarri, e pouco despois e o propio xogador navarro quen aproveita unha mala cesión para marcar tras superar ao porteiro e tras bater o balón no poste. Pero recurtaban distancias os brancos cun remate de cabeza pegado ao pau.
De ahí ao final centro chut visitante que vai ao longueiro, e disparo de Dani Martínez dende a súa área que fai estirarse e moito ao porteiro visitante.
Xogaron Xalo (Tornín 46´), Bruno (Echávarri 46´), Samuel (Anxo 55´), Javi, Luis, Jandro, Xandre (Xoel 67´), Dani Portela, Dani Martínez, Chema, Diego (Carlos 55´). Próxima visita ao Perlío B.
Nova cortesía Xose Ferreiro

































































Nova cortesía Xose Ferreiro
Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.