Amigus
As Pontes

O Club Náutico Folixa, compite en Francia en IBCPC Participatory Dragon Boat Festival e Open internacional waveski surfing

O Club Náutico Folixa participou no IBCPC Participatory Dragon Boat Festival, celebrado en Aix-les-Bains (Francia), xunto a mulleres superviventes de cancro de mama chegadas de todo o mundo.

A representación galega formou parte do Mollitiam, un barco integrado por sete equipos de toda España, que conseguiu un espectacular 10.º mellor tempo entre 156 equipos de todo o mundo na distancia de 200 metros, ademais de acadar a 31.ª posición nos 1.000 metros.

O festival deixou tamén momentos especialmente emotivos. Raquel Calvo foi unha das abandeiradas durante a cerimonia de apertura, representando a España, mentres que Tania Casal participou na Cerimonia das Flores, un dos actos máis simbólicos do festival, dedicado a lembrar e homenaxear as compañeiras que xa non están.

Máis alá dos resultados, o Club Náutico Folixa regresa de Aix-les-Bains coa satisfacción de ter compartido unha experiencia única, levando o nome de Galicia e As Pontes a un encontro que demostra, unha vez máis, que xuntas somos moito máis fortes.

Ademais, durante os días 28 ao 30 de agosto, o club tamén estivo representado en Francia da man de Gus Presa, que participou no Open Internacional de Waveski Surfing en Lacanau, Francia. Presa acadou a terceira posición na súa semifinal Máster e rematou nunha meritoria quinta posición na súa categoría, asinando unha moi boa actuación nunha competición de carácter internacional.

Nova cortesía do Club Náutico Folixa

 

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.