Amigus
As Pontes

CICLOCROSS INTERNACIONAL LAGO DE AS PONTES 2023

Tivo lugar este xoves festivo coa vitoria do holandés Jens Dekker e a belga Laura Verdonschot.

Este xoves festivo, desde primeira hora da mañá e ao longo de boa parte do día, tivo lugar no Lago pontés a Copa de España de Ciclocross Lago de As Pontes, nas categorías Master, Élite, Sub23, Junior e Cadete.

Nas féminas revalidou o triunfo do ano pasado a belga Laura Verdonschot, que tamén comanda a clasificación xeral. Segunda foi Sofía Rodríguez e terceira a cinco veces Campiona de España Lucía González Blanco. Cuarta e mellor sub23 foi a tamén belga Julie Brouwers.

Nunha carreira trepidante impúxose o holandés Jens Dekker, Campión Mundial e Europeo Junior en 2016. Felipe Orts non puido repetir o triunfo do ano pasado e quedou segundo o cinco veces Campión de España. A terceira posición foi para o belga Thijs Aerts. Cuarto e gañador sub23 Miguel Rodríguez e comanda a clasificación Kevin Suárez.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios