As Pontes e Mugardos enfrontaronse este xoves festivo nun derbi que rematou en táboas e reparto de puntos.
Foi un 0-0 e iso que ambos equipos dispuxeron de xogadas para cambiar o marcador. Tivo bastantes máis ocasións o Mugardos, pero quizais a máis clara foi para os azuis nun disparo de Rivera que o ex internacional sub17 David Gómez despexou ao traveseiro (50´).
Tamén coma en todo derbi houbo lugar para a polémica, aos azuis foilles anulado un gol de Cayetano por suposta falta previa a un defensa (15´), mentres aos verdes lle anularon un gol a Artai, que estaba adiantando, pero os visitantes reclaman que o pase o deu un defensa local cara atrás (35´).
Ao final reparto de puntos que deixa ao As Pontes líder provisional con 11 puntos e aos mugardeses novenos con 7. Os verdes reciben ao Cidade de Ribeira e os azuis visitan ao Sigueiro.
0 CD AS PONTES. Pita, Criado, Esteban, Coello, Maxi, Rivera, Echavarri (Samuel 89´), Cayetano (Xoel 81´), Javi (Lozano 74´), Vila (Vilela 46´), Marcos.
0 GALICIA DE MUGARDOS. David, Javier, Jorge, Brais López, Pita (Piñón 61´), Moi, Luis (Brais Yáñez 70´), Artai (Lucas 81´), Pastur, Brais González, Chis (Jorge 61´).
Árbitro: Refojo Ferreiros (A Coruña). Auxiliado por Álvarez Cebreiro e Nieto Abelenda. Amarelas a Coello, Marcos, Rivera, Artai, Pastur, Javier, Stili. Expulsado por doble tarxeta o local Maxi Castilla (83´).
Incidencias: Campo de O Poboado, en tarde soleada. Máis de 200 espectadores, moitos visitantes.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro