Amigus
As Pontes

TERCEIRA GALEGA FEMININA. CD AS PONTES 4 – CF ESTRELLA 0

Contundente segundo triunfo na casa

Segundo derbi no Poboado que resolve o equipo feminino local, e tralo 3-1 ao Discalzas de Cedeira, hoxe gañaron 4-0 ao Estrella de Narón, goles de Carol e Nerea Pita, aparte de dous desafortunados en propia meta.

O conxunto de Cascudo e Alex é momentáneamente segundo con 6 puntos, á espera de que este domingo se dispute o resto da xornada, e a vindeira semana visitan ao Unión Campestre de Montrove.

Xogaron Iria, Noelia Castro, Lucía, Salma, Indira, Andrea, Patricia, Laura Paz, Paula Castro, Noelia Ameneiro, Carol, e despois Laura Pernas, Paula Bellas, Nerea Pita, Nerea Paz e Xeila.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios