LIGA FERROL XUVENIL. CD AS PONTES 2 – MEIRÁS CF 0
Partido este mércores festivo no Anexo Jose
Sufrido triunfo do Xuvenil do As Pontes nesta tarde soleada 2-0 ante o equipo de Valdoviño, con ambos tantos de Xandre, un no primeiro período, e o da sentencia no desconto de penalti.
Foi nun complicado partido que acabou cun xogador e dous membros do banquiño visitante expulsados.
Bos tres puntos para o cadro pontés que sufriu unha dolorosa derrota a semana pasada no Val na súa loita por estar nos postos altos.
Lidera Caranza B con 15 puntos, Eume 12, e Numancia, As Pontes e Perlío teñen 10. Precisamente ao cadro de Fene visitará o equipo azul esta fin de semana.
Xogaron Joel, Adrián, Bruno, Samuel, David, Carlos, Sergio Hermida, Xandre, Xoel, Jandro, Antón, e despois Anxo, Sergio Ramil, Diego, Yeray e Borja.
Nova cortesía de Xose Ferreiro