RESULTADOS REGATA AMIGABLE “XXV BAIXADA DO RÍO SOR”. MAÑÓN 8/10/2022

O pasado sábado día 8 disputouse no concello de Mañón a “XXV baixada do río Sor” que discurreu dende as Ribeiras do Sor ata o peirao do Barqueiro.

59

Participarón preto de 200 padexeir@as pertecentes a 8 clubes das provincias de A Coruña e Lugo. O clube Grupo Xuvenil de As Pontes desprazou a 22 deportistas e estes foron os resultados:

– Javier Filgueira Fernández acadou o 2º lugar na categoría prebenxamín.
– Martina García Paz chegou a meta en 2ª posición na categoría muller benxamín.
– Xandre Pena Antón acadou o o segundo lugar na categoría home benxamín.
– Daniel Ferro Franco, quedou en 1º lugar na categoría Alevín B.
– Enós Prieto Permuy acadou o 6º lugar na categoría Alevín B.
– Xoel Timiraos Pico chegou no 8º lugar na categoría Alevín B.
– Xalo Romero Valle clasificouse no 1º posto na categoría Alevín A.
– Mario Gabeiras Carballeira acadou o 2º lugar nesta mesma categoría.
– Adrián Filgueira Fernández clasificouse no 4º posto na categoría infantil B
– Bruno Tojeiro Asenjo acadou o 13º lugar na categoría infantil B.
– David Prieto Pena chegou a meta no 8º posto na categoría infantil A.
– Fernán Pena Antón acadou o 12º lugar na categoría infantil A.
– Antía García Pico clasificouse en 1º lugar na categoría muller infantil A
– Carmen Alén Bellas acadou o 2º lugar na categoría muller infantil A.
– Celia Durán Iglesias chegou en 1º lugar en muller K-1 xuvenil.
– Inés Domínguez López no chegou a meta o volcar debido o gran oleaxe que había no peirao do Barqueiro.
– Xalo García Paz entrou en 5º lugar na categoría home K-1 cadete.
– Pablo Vispalia Díaz acadou o 2º lugar na categoría home k-1 xuvenil.
– Jose Garciá Bellas e Antón García Bellas acadaron o 2º posto na categoría home senior k-2.
– José Manuel Ferreira Casanova acadou o 1º lugar na categoría home k-1 veterán.
– Adrián Paz Alvariño entrou no segundo lugar nesta mesma categoría.

Na clasificación final por clubes o Grupo Xuvenil acadou o 5º lugar.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios