Amigus
As Pontes

Elena Corrales afronta con 47 anos a súa primeira competición de OC1

A palista do Náutico Folixa de As Pontes, Elena Corrales Naveiras, continúa ampliando a súa traxectoria deportiva con novos retos. Aos seus 47 anos, afrontou a súa primeira competición de OC1 (Ocean Outrigger), participando nunha esixente proba de 10 quilómetros celebrada en Marín.

Elena compaxina actualmente o adestramento de OC1 e barco dragón, dúas modalidades que forman parte da súa preparación deportiva. O seu interese polo OC1 comezou hai algo máis dun ano, cando empezou a informarse e a coñecer esta disciplina, ata que decidiu dar o paso de competir.

Nunha modalidade na que aínda hai poucas mulleres tanto en Galicia como no conxunto de España, Elena afrontou este novo desafío con moita ilusión, orgullo e ganas de seguir aprendendo.

Con este novo reto, Elena suma unha nova experiencia á súa traxectoria como palista e demostra que nunca é tarde para afrontar novos desafíos deportivos.

 

Nova cortesía do Club Nautico Folixa

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.