Micro:bit, obradoiro de programación
O obradoiro de programación con Micro:Bit é unha actividade para fomentar o interese e o achegamento dos nenos de maneira lúdica ao mundo da robótica e a programación, descubrindo a linguaxe en bloque, as matemáticas, a ciencia e a tecnoloxía de forma divertida e colaborativa.

BBC micro: bit é unha pequena tarxeta electrónica programable de 4×5 cm lanzada pola BBC británica no ano 2015 co obxectivo de que máis dun millón de nenos/as e mozos ingleses aprendesen a programar dunha forma fácil e divertida. No ano 2016 a Fundación Educativa Micro: Bit integrada por empresas como Amazon, Microsoft, Cisco ou Samsung, asumen este proxecto co propósito de promocionar a aprendizaxe da programación e a robótica entre os mozos a nivel mundial.
O obxetivo do obradoiro e iniciarse na construción de circuítos electrónicos que incorporan distintos compoñentes e controlar o seu funcionamento usando unha ferramenta de programación visual como MakeCode.
MakeCode é un sinxelo editor gráfico en liña moi potente que nos posibilita introducirnos no mundo da programación de forma intuitiva a través da linguaxe de programación visual ou de bloques, co que aprendemos a pensar como un programador.
Propoñémonos atopar metodoloxías que potencien nas nenas e nenos ás capacidades reflexivas, críticas e creativas, co obxectivo de que desfruten da tecnoloxía.
A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro.
O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.