XXVI TROFEO VILA DE AS PONTES. CD AS PONTES 0 – RCD FABRIL 5

Rotundo primeiro título do flilial herculino nun trofeo que xa gañara o Deportivo en 2011

151

Triunfo contundente e sen paliativos do filial deportivista 0-5 ante o As Pontes no partido disputado na tarde soleada deste sábado na segunda participación do Fabril neste trofeo que perdera na edición de 2006 ante o equipo local por penaltis.

Anotaron os goles Iván (2), Jairo, Nájera e Alex Pereira. Xogaron polo As Pontes, Kike (Parapar 46´), Tijan (Samuel 82´), Bangaly, Leira (Hugo Fraga 74´), Montes, Traba, Brais, Javi Martínez (Javi Fernández 67´),  Simigliani (Xoel 74´), Ale Espeso (Iago 60´), Rogerio (Jandro 67´).

Ao remate do partido entregaron os trofeos aos capitáns Barba e Traba, os concelleiros Chicho Tembrás e Antonio Alonso, e o presidente pontés Xaime Castro.

Primeiro título do filial deportivista, que acompaña ao logrado polo primeiro equipo coa vitoria 0-3 ante o equipo local en 2011. Nove trofeos conseguiu o As Pontes, tres teñen Racing de Ferrol, Lugo e Viveiro, dous o Somozas, e un Vilalbés, Betanzos, Lemos e un combinado pontés.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios