CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Mañá martes ás 20:00h na Praza do Hospital concentrarémonos en protesta e repulsa do asasinato machista en Cabana de Bergantiños.
“Dende o CFAP (Colectivo Feminista de As Pontes) rexeitamos e condenamos o asasinato machista ocorrido en Cabana de Bergantiños na tarde de onte, no que un home matou á súa muller de dous tiros en presencia dos seus fillos.
Sumámonos á convocatória nacional do feminismo galego deste 21 de Agosto.
É urxente que dende as distintas administracións sitúen a violencia machista como um problema de Estado que nos afecta a todas e a todos. Cumpre investir e por en marcha programas educativos baseados tamén na prevención para ser quen, como sociedade, de afastar o terrorismo patriarcal das nossas vidas.
Convidamos a todas as persoas a se sumar á concentración de mañá martes 21 de Agosto ás 20h na Praza do Hospital.
Basta xa de feminicidios”
Nova cortesía do COLECTIVO FEMINISTA DE AS PONTES