Amigus
As Pontes

COPA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA. SD O VAL DE NARÓN 1 (3) – CD AS PONTES 1 (2)

O conxunto pontés cae nos penaltis na primeira eliminatoria

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes caeu derrotado nos penaltis na primeira eliminatoria da copa Deputación polo Val de Narón no encontro xogado este domingo á tarde en Sinde.

Agás Dani, Ramos, Toni, e o fichado Martín, que aínda non adestrou co grupo, presentaba o equipo hoxe verdinegro toda a súa artillería.

O As Pontes buscou o gol dende o inicio, e cabe destacar un axustado disparo de Quique que desvía a córner o ex porteiro pontés Rafa (12´), un pase de Cabarcos a Pardo que dispara por riba do escuadro (25´), e outra de Bossa que dende fóra da área remata por riba do longueiro (28´).

Ata que chegou o gol, nunha internada de Pardo por banda dereita que acaba prantándose ante Rafa e marcando de disparo cruzado coa perna cambiada (33´).

Pouco durou a ledicia, pois os locais, que xa avisaran nunha ocasión na que despexou Paco a córner (22´), desta vez nunha contra e tras un desbaraxuste visitante era Caamaño quen volvía a quedar só e desta vez non perdoaba batendo a Paco de tiro cruzado (37´).

Antes do descanso puido volver a adiantarse o As Pontes, pero tras un gran pase de Bossa, a cabezada de Pardo marcha un palmo por riba do longueiro (44´), e trala reanudación, primeiro era Sánchez o que tiña una doble ocasión tras saque de córner (52´), e máis clara foi a de Erni, quen tras un pase de Criado, en boca de gol, mandou o balón por alto (54´).

Non obstante, o segundo período foi de dominio máis alterno, e cara ó final puido marcar o segundo o cadro de Roca, tras unha boa xogada de Sergio, que sobre a liña de córner fai o pase da morte, pero o remate de Sánchez despexao un defensa cando ía cara a gol (74´), e incluso o árbitro anulou un gol de Rego tras saque de falta de Bossa por fóra de xogo (80´).

Sen embargo, nos últimos minutos, puido gañar o equipo local. Avisou nunha xogada na que Pitu se vai de Criado e salva a xogada Rego in extremis (81´), pero a continuación foi Raúl o que o tivo todo de cara para sentenciar, pois prantouse completamente só ante Paco, pero tras regatealo acabou desviando o balón o gardamallas ferrolán e posteriormente sacou baixo paus Sánchez (83´).

Antes do remate voltou a ter outra ocasión moi clara Raúl, que tiña a un compañeiro só, pero botouselle a defensa encima (90´), si ben é certo que nun despexe cara tras de Brandeiro case estivo a piques de marcar na súa porta (89´).

Sen tempo para máis, chegouse ós penaltis, cun As Pontes moi experimentado, contra un O Val que fixo moitos cambios que contaba cun prometedor porteiro, a campaña pasada na Liga Galega Xuvenil.

Máis foi o cadro valexo o que se levou a eliminatoria, pois si ben despois de marcar Garrote e Raúl, fallaron Brandeiro, pois parou Paco, e Dani, por alto, pero anotaron o quinto e decisivo por medio de Pitu.

Polo As Pontes tan só anotaron Sánchez e Peque. Bossa mandouna por alto, Rego ó longueiro e o quinto de Fidi parouno Alex García.

SD O Val. Rafa (Alex 45´), Urbano (Michi 45´), Brandeiro, Priegue (Moi 45´), Beceiro, Garrote, Caamaño (Raúl 63), Pablo (Diego 58´), Dani, Pitu, Iago.

CD As Pontes. Paco, Criado, Cabarcos, Rego, Sánchez, Adrián, Quique (Josiño 71´), Bossa, Erni (Sergio 65´), Fidi, Pardo (Peque 87´)

Goles: 0-1, Pardo (33´), 1-1, Caamaño (37´).

Penaltis: Bossa, por alto. Garrote, gol. Sánchez, gol, Raúl, gol. Rego, ó longueiro. Brandeiro, para Paco. Peque, gol, Dani, por alto. Fidi, para Alex García. Pitu, gol.

Campo e incidencias: Campo de Sinde. Uns 150 espectadores.

Árbitro: Edgar Fraga Villares. Auxiliado por Bustabad e García. Sen amonestacións.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios