Amigus
As Pontes

Curso de Echidna shield con Arduino

O 24 de febreiro de 10:30 a 13:30 en Amigus.

De 8 a 14 anos. De balde.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Comezamos este 2024 con un curso coa shield para Arduino Echidna da man de Ciencia Kids e co patrocinio da deputación da Coruña e o concello das Pontes.

Esta shield educativa creada por mestres españois, permitirános centrar na aprendizaxe da programación, evitando moitas conexións eléctricas. Ademáis poderémola programar con multitude de linguaxes de programación.

A placa consta dos seguintes elementos xa integrados:

  • Joystick con pulsador
  • 2 pulsadores
  • Led rgb
  • Led verde
  • Led amarelo
  • Led vermello
  • Acelerómetro
  • Bluetooth
  • Sensor de luz
  • Jack de audio e zumbador

Ademáis tamén dispón de entradas e saídas dixitais para poder conectar outros sensores ou actuadores e varias das entradas poden funcionar coma entradas Mackey Mackey para deixar voala imaxinación e experimentar coa condutividade dos materiais, das froitas, da xente…

 

O curso é de balde, vai dirixido á rapazada de 8 a 14 anos e o realizaremos o vindeiro sábado 24 de febreiro no local de Amigus, na praza do hospital 14 de 10:30 a 13:30.

As prazas son limitadas e poderédesvos apuntar dende o 19 de febreiro ás 9:00 no link ou no QR que deixamos de seguido.

 

https://forms.gle/MaiJCmQT6rW7qv986

 

 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios