Amigus
As Pontes

Curso de Robot TPbot

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O vindeiro sábado 12 de abril terá lugar no local de Amigus, Av. de Ortigueira 68-70, un curso de balde sobre programación e robótica co robot TPbot e a placa micro:bit, impartido por Ciencia Kids.

O curso vai dirixido a nenas e nenos de 8 a 12 anos, que se queiran vir divertir e aprender de 10:30 a 13 horas.

As inscripcións estarán abertas dende o día 1 de abril ás 9 horas nesta ligazón ou no código QR.

A actividade co robot TPBot pretende fomentalo interese
pola programación e robótica entre os participantes. A través do uso
do TPBot, os alumnos traballan conceptos fundamentais de
programación, como algoritmos, secuencias, bucles e estruturas
condicionais, ao tempo que explora nocións básicas de robótica, como o
uso de sensores e actuadores.

Esta actividade promove o desenvolvemento do pensamento computacional e
resolución de problemas dun xeito práctico e creativo. Os estudantes
planifican, deseñan e executan proxectos, o que reforza as súas habilidades
técnicas e fomenta o traballo colaborativo. Ademais, preséntase o TPBot
como ferramenta motivadora que esperta a curiosidade e permite
aprender dun xeito divertido e significativo.

Facendo esta actividade, o alumnado non só adquire coñecementos
técnicos, senón que tamén desenvolve habilidades clave para
afrontar os retos tecnolóxicos do presente e do futuro. Deste xeito, promóvese a súa formación integral nun entorno dinámico e
innovador.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios