Amigus
As Pontes

EFECTOS CONTAMINANTES DUNHA CENTRAL DE CICLO COMBINADO

No mes de Marzal deste ano saía a exposición pública o proxecto da central de ciclo combinado de As Pontes. O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas no seu afán por conquerir un medio de calidade, e protexe-los valores ambientais que son patrimonio de tódolos ponteses, presentou unha serie de alegacións a dito proxecto. Consideramos importante tamén facelas chegar a cidadanía para que cada un de nos teña a oportunidade de manter unha postura ante un proxecto que a noso xuízo, de non ser modificado sería un perigo para o entorno natural e a saúde dos ponteses.


En primeiro lugar queremos resaltar que o noso concello ten a posibilidade de xulgar se o proxecto da central é axeitado para os ponteses e o noso entorno . O Decreto 2414/1961 establece a competencia do alcalde na concesión de licencias a actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas como e o caso desta central. O mesmo decreto establece para estas actividades a condición de establecerse a un mínimo de 2.000m de calquera núcleo urbano, este proxecto da central ubica as instalacións a escasos 300m do núcleo urbano de As Pontes
Unha das circunstancias do proxecto que condiciona en gran medida os efectos contaminantes da central é que esta autorizada a operar con gasóleo sen establecer ningun límite, tendo en conta que se reflexa que o consumo de este combustible, sendo de 62.860Kg/h para operación con gasóleo, temos un consumo aproximado de 75m3/h. Supoñendo tamén que o aporte de gasóleo á central efecturase con camións cisterna de 40m3 de capacidade, xa que tampouco se di no proxecto. Cunha operación a gasóleo de 45dias/año teriamos un tráfico de camións de 46 ó día aportando este combustible. No proxecto non se analiza o impacto que este trasiego de camións tería sobre o medio ni sobre a poboación. Si di o proxecto que operando con gas natural todo o ano, menos 45días/ano con gasóleo cúmprese o Real Decreto 1073/2002, con emisións de NO2 de 176,41µg/m3 sendo o limite 200µg/m3.Temos que supoñer pois que superando os 45dias/ano operando con gasóleo non se cumpriría o Real Decreto. Cremos estrictamente necesario que se concreten e se limiten as horas de operación da central con gasóleo antes de conceder la licencia de operación.
Repítese continuamente no proxecto que o gasóleo a utilizar terá un 0,005% de Azufre, co que a contaminación por este composto será moi reducida dado o seu escaso porcentaxe. Tendo en conta que o gasóleo na actualidade ronda los 3,5% en Azufre, é necesario que se especifique quen suministrará este combustible tan pobre en azufre e con que garantías, porque senón as emisións contaminantes serían moito maiores.
Respecto as emisións gaseosas aínda sendo este apartado moi completo no proxecto, non permite valorar as emisións nin a procedencia ou non de incorporar tecnoloxías de control e eliminación da mesmas. A presentación dos valores en termos relativos (concentracións, tasas de emisión) ou comparativos (gas vs. carbón) deixan de lado que tasa de emisión baixas poden supoñer valores de emisión absolutos elevados.
Defendese que o uso de gas natural como combustible supón unha reducción das tasas de emisión de CO2 por unidade de producción fronte a outros combustibles fósiles. Isto é así se non se ten en conta a tasa de fugas do gas natural durante o proceso de extracción e o transporte ata a central, pois unha molécula de metano ( CH4 compoñente casi exclusivo do gas natural) ten o mesmo impacto sobre o efecto invernadoiro que 24 moléculas de CO2. A tasa de fugas foi estimada nun 1% do gas transportado o cal merma significativamente as ventaxas do gas natural. En calquera caso, sen contar coa aportación do metano, as emisións de CO2 anuais desta central chegarán a 3 millos de toneladas, presentar isto como unha contribución á loita conta o efecto invernadoiro é algo que raia co esperpento. O protocolo de Kyoto non esta a conquerir a reducción de emisións de CO2 en España en gran medida debido a instalacións de centrais térmicas como a proxectada, xa que a producción de electricidade é un dos máximos responsables do aumento de emisións. España é o pais de Europa que maior grado de incumprimento acumula con respecto o fixado no protocolo de Kyoto, xa que entre 1990 e 2000 incrementou as emisións de CO2 máis dun 34% cando se lle concedera un aumento máximo do 15% ata o 2010.
A escala local e rexional, os óxidos de nitróxeno (NOx) serán o principal contaminante atmosférico que emita a Central. Os NOx e o SO2 son os principais causantes das choivas ácidas reaccionando co vapor de auga na superficie das partículas de po e formando gotas microscópicas de ácido que o reagruparse forman a choiva. Asimesmo os NOx teñen gran poder contaminante debido á súa forte absorción de radiación ultravioleta. O resultado da conxunción NOx, Hidrocarburos e luz solar, constitúe o chamado “smog” fotoquímico causante de problemas respiratorios e danos nos ollos, amén de corrosión nos materiais.
Hai estudios de Impacto Sanitario, como o feito para unha central de ciclo combinado en Catadau (Valencia) polo Hospital “La Fe” de Valencia, que determinan como resultados que este tipo de centrais:
1- Xeran contaminantes físicos e Químicos moi perigosos.
2- Os seus efectos maniféstanse a curto, medio e longo prazo.
3- Haberá patoloxías banais e potencialmente mortais como a bronquitis asmática severa, efisemas pulmonares e incremento do risco de cancro.
4- Poderá contribuír a provocar mortes prematuras na poboación exposta.
Tendo isto en conta e sabendo tamén do carácter acumulativo dos efectos da choiva aceda, do clima do emprazamento, da emisión continua de vapor de auga dende as torres de refrixeración,etc,etc, era de esperar e non nos parece moito pedir, que este aspecto fora obxecto de particular atención e estudio para poder asegurar a conservación do medio e a saúde dos ponteses.
Entre as instalacións da central inclúense tanques de almacenamento de productos químicos tóxicos e perigosos como hipoclorito sódico, fosfato sódico, hidracina, alcalinizantes(aminas), Hidróxeno, gasóleo…é necesario pola seguridade da poboación e do medio, que se precisen as capacidades e condicións de almacenamento de todos estes productos e especialmente, das balsas onde se almacenarán as augas de lavado químico das caldeiras e turbinas de gas, para la recollida por un xestor autorizado.
Esta central térmica é innecesaria dende o punto de vista enerxético, nin dende o ámbito autonómico nin nacional. Hai que ter en conta que a comunidade autónoma de Galicia é excedentaria de enerxía exportando el 40 % de la producción.
Non se considerou a proximidade da central de ciclo combinado á térmica de 1.400Mw tamén de ENDESA, sen especificar se existen incompatibilidades legais ou técnicas que prohiban a instalación da nova central. A proximidade de dúas instalacións destas características significará un aumento do risco socio ambiental en caso dun accidente nalgunha das dúas centrais. Tampouco se especifica se a central ou algunha sección dela se someterá a algún sistema de xestión ambiental como a ISO 14.001 ou EMAS, o cal seria unha boa garantía de responsabilidade ambiental e social por parte da empresa e para a conservación do medio algo importante.
Dende Guerrilleiros das Fragas consideramos os argumentos expostos suficientes para opoñernos o proxecto redactado para instalación desta central térmica, que non a instalación dunha industria deste tipo sempre e cando se ráspete o medio ambiente e a saúde da cidadanía.
Correo electrónico: xeneta@hotmail.com

También podría gustarte
Comentarios