O alumnado que titule poderá complementar a súa formación coa participación no Erasmus do vindeiro curso.
Dende comezos de mes, o alumnado do ciclo que imparte o instituto pontés Moncho Valcarce está distribuído case que por toda Galicia. Así, na provincia de Pontevedra están a colaborar Pumagal (Caldas de Reis), o Laboratorio Mouriscade da Deputación (Lalín), e a unidade de biotoxinas do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Vilagarcía); en Lugo cóntase coa participación de Alúmina (San Cibrao), Leite Celta (Meira), e Plásticos Ferro (Muras), namentres que na Coruña colaboran Applus Norcontrol (Bergondo), Emafesa (Ferrol), Endesa (As Pontes), e Sogarisa (As Somozas).
Coa súa estancia, o alumnado do ciclo superior de Laboratorio de Análise e Control de Calidade está a complementar a súa formación teórica coa realización do período de formación en centros de traballo, durante un total de 384 horas, até mediados do mes de xuño. Unha vez rematada, e coa obtención do título de Técnico Superior, terán a posibilidade de desenvolver un período máximo de seis meses de prácticas nun contexto produtivo situado nun estado da UE, participando no programa Erasmus para o que o Centro está acreditado.
Subliñar, tamén, que xa dende outubro do ano pasado, outras tres empresas da localidade (Autos Puentes, Neumáticos Soledad e Prometal) están a formar alumnado dos denominados Programas de Cualificación Profesional Inicial, ensinanzas que serán substituídas no curso que ven pola Formación Profesional Básica.
A Comunidade Educativa do IES Moncho Valcarce agradece, publicamente, a indispensable e desinteresada colaboración de todas as empresas.
Novas
- VI Slalom Vila de As Pontes
- Os ponteses Alberto da Silva e Román Varela logran o premio a mellor proxecto do XII Carballo Interplay
- Concertos ilustrados. Con Richi Casás
- 1ª Proba Copa Galega Infantil de Piragüismo
- ACTUACIÓN DO CVF AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA DA CLASE VAURIEN 2025
- PARTICIPACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA 2025 DA CLASE VAURIEN
- Campionato de España Piragüismo Xóvenes Promesas
- IX ruta turística vila de As Pontes
- Folixa camp Semana Santa
- Xornada de promoción do barco dragón
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios