Amigus
As Pontes

En Extremadura poñen 80.000 ordenadores con GNOME para os seus estudiantes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O goberno extremeño puxo 80.000 ordenadores en escolas, con GNOME, Linux e outras aplicacións de código aberto. O ratio é de un ordenador por cada dous estudiantes.

gnome.png


O programa, que foi instituido o pasado ano, ven de completa-la instalación en escolas, cun ratio de un ordenador por dous estudiantes. Tódolos ordenadores foron instalados cunha versión propia de Linux, chamada GNU/LinEx, e co escritorio GNOME. Outras aplicacións de software libre foron tamén instaladas en tódolos ordenadores. O custo total pasa dos 18 millóns de euros, ou cerca de unha terceira parte do presuposto total de 67 millóns de euros.
A Xunta de Extremadura creou tamén 33 centros de computación para a poboación en xeral. O servicio de asistencia un-en-un ordenador, para o que os usuarios non familiarizados cos ordenadores poidan aprender nocións básicas da informática e do e-mail. Os centros están deseñados para cidadáns de tódalas idades e formas de vida. O usuario máis vello é de 99 anos.
Se queres ler máis disto, pincha aquí
E se queres saber máis de GNU/LinEx, pincha aquí

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios