A SR ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE AS PONTES
En representación da Federación de Asociacións Rurais de As Pontes “O Carabelo” con C.I.F. G15889181 e inscrita no Rexistro de Asociacións, co nº 94 da sección 2ª da provincia de A Coruña, por medio da presente:
EXPOÑO:
Que debido ós continuos ataques que está a sufrir a zona rural do concello de As Pontes por mor da fauna salvaxe, e ás continuas queixas por parte de gandeiros e veciños;
SOLICITO:
Unha xuntanza con vostede e o concelleiro responsable desas competencias, así como coas Xuntas Directivas dos diferentes cotos de caza que conforman o concello de As Pontes, para tratar de buscar unha solución a estos ataques que están a ser un problema grave no rural pontés.
En As Pontes, a 4 de abril de 2019
Enviado pola Federación de Asociacións da Área Rural de As Pontes “O Carabelo”