Este sábado á mañá ponteses e arteixáns xogaban a volta das semifinais da Fase de Ascenso. Entremedias puidose ver aos Veteranos celebrar o seu ascenso a División de Honra.
Encontro moi disputado tralo 1-0 a semana pasada en Arteixo. Cando todo semellaba costa arriba, preto do final Felipe conseguía o 1-0, e xa na prórroga Iván Golpe facía o 2-0 que desataba a locura no público local.
Pero pouco despois anotaban os visitantes o 2-1, polo que houbo que recorrer á tanda de penaltis, onde os arteixáns estiveron máis atinados, 3-4, tralas doce penas máximas executadas.
Non obstante, gran temporada a do equipo Cadete, que gañou a Liga, e so os penaltis, ante un gran Portuarios na final da Copa de Ferrol, e hoxe, nas semifinais da Fase de Ascenso, impediron mellores logros.
Xogaron Daniel, Lucas, Iago, Xoel, Jose, Felipe, Iván Golpe, Xavi, Xandre, Alexander, Iván Rodríguez; Martín, Alex, Xalo e Naúl.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro