Non puido o Xuvenil pontés levantar o 1-0 que traía da ida en terras coruñesas, e pese a adiantarse cun gol de tiro cruzado de Daniel Martínez incorporándose por banda dereita, un inocente penalti pouco despois restablecía a igualada no marcador.
Tentarono por todos os medios os de Iván Rodríguez no segundo período pero o marcador non se moveu, o que non empaña a boa temporada con dous segundos postos, e semifinais de Copa.
Xogaron Marco, Lucas (Mateo 65´), Felipe, Xavi, Jose Ignacio (Iago 82´), Destaw, Daniel Golpe, Nicolás (Iván 65´), Daniel Portela, Diego (Alex 70´), Manuel (Cherif 82´).




























































































Nova cortesía Xose Ferreiro