Fernando Vérez Tojeiro
Nace en as Pontes no ano 1964. Dende moi neno, encarreira a súa actividade artística dentro de distintas ramas da artesanía: madeira, coiro, cerámica… Totalmente autodidacta, decántase dende 1976 pola madeira.

Sempre a cabalo entre a artesanía e o arte, as súas derradeiras obras destacan pola súa orixinalidade e polo seu deseño anovador, seguindo nembargantes, as mais tradicionais técnicas de torneado. A súa elaboración esmerada e os seus acabados naturais, pretenden resaltar a beleza propia das madeiras tropicais, que case sempre utiliza para as súas esculturas.

As ultimas creacións deste artista, son pezas escultóricas que intentan atraer a todo aquel que as observa, a un mundo de formas con sentido propio, refrexo dunha mente inqueda e creativa en constante evolución.

Actualmente, comeza a ser coñecido polo publico en exposicións tanto en As Pontes como en Ferrol. Tivo unha excelente acollida na 1ª Feira da artesanía “FRAGA 1998” de As Pontes.


E-mail: torneiro@latinmail.com