O As Pontes xoga este domingo en Santiago de Compostela, unha histórica final de Campións de Preferente ante o Pontellas, unha pequena parroquia porriñesa, brillante gañador do grupo Sur, por diante de equipos de renome coma Estradense ou Barbadás.
Ascendeu con catro xornadas de antelación e proclamouse campión matemático na penúltima xornada. Destacan, na zona de ataque, Yago González, ex Lugo, Pontevedra, Terrasa, Zamora, ou Liga de Hong Kong, entre outros, que leva 18 goles, e o ex do Bouzas, Nando, con 15.
En defensa a veteranía de Pablo Fernández, con varias tempadas no Bouzas, e con experiencia en categorías superiores tamén están Berto, que leva 12 dianas, Michael e Serxio (Alondras), ou Diego Blanco (Areas).
Outro destacado e incorporado a media tempada é o centrocampista Hugo Pintos, ex internacional español sub17 xunto a Quique Fornos e Brais Méndez.
O equipo de Jose Curiel só perdeu seis encontros, catro ata que o tivo todo feito, coa única chinita no Xuventude de Cambados, conxunto que lle venceu nos dous partidos. É o equipo con más encontros gañados, 25, e máis goles anotados, 85.
Tras descender en 2014-15, quedou sexto na campaña do retorno, 2016-17, e décimo a tempada pasada. Será o primeiro duelo entre ambos conxuntos.
Ambos equipos teñen que atopar a súa mellor versión para ter opcións nesta final, dado que ó conseguir os seus obxetivos tan cedo, baixaron na súa dinámica, perdendo moitos puntos nas derradeiras xornadas.
Tamén se xogarán as dúas finais Afaco nas que participan dous equipos do clube, as dúas á mesma hora, e nas casas dos rivais na final.
FINAL PREFERENTE
CD PONTELLAS-CD AS PONTES (DOMINGO 2, SANTA ISABEL, 18:00, SERGIO MÍGUENS SANTIAGO)
FINAL AFACO XUVENIL
NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES (PRADOS VELLOS, SÁBADO 1, 11:30)
FINAL AFACO INFANTIL
SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (NEDA, SÁBADO 1, 11:30)
Nova cortesía de Xose Ferreiro