Hai oito meses, o deportista pontés Gabriel Tembrás Corrales (21-09-2001) conquistou en Alicante, na localidade de La Nucia, un fito histórico para o noso deporte, ó proclamarse Campión de Europa de Taekwondo, na modalidade de Freestyle, con apenas 11 anos. Impúxose a Oleksandro Orlovsky, de Ucraina, prata, e Artur Kulapin, de Rusia, bronce.
Gabriel, que xa conta con varios títulos de campión galego, anque el confesa que a ver si este ano consigo ser campión en combate, e outro de Campión de España, convertíase deste xeito no quinto Campión de Europa pontés tras David Rochela, Mario Calzas, Borja Prieto e Antonio Polo. Sucedía asemade na súa modalidade á gran Lucía Legaspi, Subcampiona de Europa e medallista de bronce en categoría Junior, hai case 20 anos.
O Taekwondo, en palabras do seu mestre, Antonio Montes Hermida, é un deporte de competición, pero na súa orixe, pode ser considerada unha arte marcial (MOODO), un sistema de adestramento basado nos xestos propios do combate a través dos cais potenciamos valores para o desenrolo integral do individuo e estes valores poden ser respeto, disciplina, autocontrol
e con iso poderemos formar campións deportivos, pero sobre todo, e máis importante, campións da vida, que poidan afrontar a batalla da loita diaria, con espirito nobre e poidan ser un exemplo de fortaleza e constancia ante a sociedade.
Neste deporte iniciouse Gabri ós catro anos, no meu colexio, Monte Caxado, estaban dando papeis pra ver si algún alumno quería apuntarse a Taekwondo, eu dixenlle á miña profesora que quería ir, e ela chamou a meu pai para que me apuntase.
Adestra tres días á semana, martes e xoves, unha hora e media, aquí en As Pontes, e os venres de 18h a 20h máis ou menos, en Vilalba.
De tódalas modalidades que pode practicar síntese máis a gusto coa técnica e co combate anque en combate hai moita competencia na miña categoría, en técnica tamén, pero menos.
Considera como o seu maior potencial que teño moita elasticidade, anque debo de mellorar un pouco a concentración pois ás veces son un pouco despistado e equivócome (risas).
Definenos o tempo que dura unha exhibición de Freestyle Pois é como inventar un poomsae, o que pasa é que tes un tempo xusto para poder facelo, e teslle que incluir un pouco de combate e algunha que outra acrobacia.
Un rival que lle compricou moito as cousas a pesar da súa curta idade foi Miguel Orro, que quedou Campión de Europa o ano pasado, e no Campionato Galego de combate perdín 8-0 con él, é de Oleiros anque compite co equipo de Sada, e ten 14 anos, dous máis ca min.
Sobre a pregunta que se fai moita xente, a de cómo consegue chegar tan alto estirando a perna e mantendo o equilibrio ó mesmo tempo, el contesta moi modestamente que adestrando moito as patadas
anque tampouco sei como me saen así (risas).
Apenas con 12 anos Gabriel xa ten o cinto vermello-negro de categoría infantil, a pesar de non poder examinarse ata os 15 anos para obter o cinturón negro dos adultos. Como nos indica o seu mestre, Gabriel ostenta o grao de cinto primeiro Pum que é o equivalente a cinturón negro infantil, cada grao ten unha simboloxía que debe ir representando a madurez e o grao de dominio das técnicas que o alumno adquire nas súas clases. Os cinturóns a través dos cais o alumno debe ir avanzando son amarelo laranxa verde azul marrón e negro, e no caso dos menores de 14 anos irán de medio en medio grao iniciándose no branco que representa a pureza.
Sobre o Campionato de Europa en si foi moi divertido e paseino moi ben, a pena é que so puidemos ir catro representantes de Galicia, eu e máis o trío feminino do Club Tao de Vigo, formado por Nerea Alamancos, Isabel Simón e Alba Castro, pero aínda así foi unha experiencia moi boa, e noutras categorías había moitos participantes, que eu non sabía como podía coller tanta xente nun pavillón (risas), pero na miña poucos, porque o Freestyle comezouse a competir este ano.
En España hai competidores moi bos, e eu estiven mirando deles como poder mellorar, aínda así eu agardabame que a selección española conseguise máis medallas de ouro, porque aquí hai moito nivel, pero Alemania superounos no medalleiro.
Cando quedei Campión de Europa fíxome moita ilusión e deume moita alegría porque era algo que eu non me esperaba, pero creo que o meu mellor momento en Alicante foi un día pola tarde que non tiñamos moito que facer, adestramos un pouco, e logo fomos a dar un paseo por aí co trío Tao de Vigo, que conseguiu o bronce, e fomos a comer xelados e cousas por aí e paseino moi ben.
A localidade de La Nucia gustoume, anque facía moito calor (risas), anque eu xa viaxei a competir a varios lugares da Comunidade Valenciana, incluso a Portugal, e quedaríame coa localidade de Gandía onde ademáis tiven a sorte de poder quedar Campión de España.
Unha gran tristeza para Gabriel é que non puido acudir ó Campionato Mundial desputado en Bali, Indonesia, polo cambio na regulamentación da idade, que so posibilitaba a participación en Freestyle a deportistas de máis de 15 anos, Mundial no que España definitivamente conseguiu 2 ouros e 2 bronces, sendo o primeiro país europeo por detrás de Corea do Sur, Vietnam, Filipinas, Irán, EEUU e Tailandia.
Precisamente falanos Gabriel dun dos seus ídolos A min en técnica gústame moito o maestro Kim, que é coreano, pero que está nacionalizado español, faino moi ben e xa foi catro veces Campión do Mundo, este ano tamén, igual que a súa filla, e a nivel de combate gustame moito Joel González, o Campión Olímpico.
Do seu adestrador e mestre, Antonio Montes, di que é moi bo, e notase que ten moito interese en que os alumnos aprendamos, pois sempre nos intenta levar a tódolos campionatos que hai, para que collamos experiencia.
Sobre os seus compañeiros, teño algúns no Moo Duk Kwan de Vilalba que son moi bos como David Ansede e Brais Pena, David incluso está na preselección sub21, e vaille ben.
Sobre a gran campiona pontesa Lucía Legaspi dinos Gabriel Falei algunha vez con ela, sei que foi terceira do mundo, e deixouno durante uns anos, pero agora volveu a adestrar outra vez.
As súas outras afeccións son a pesca e o fútbol, desfruta vendo a serie de TV La que se avecina cando podo e nun futuro e como soños gustaríalle estar na selección española, ser Campión do Mundo e poder ir a unhas Olimpiadas, pero sei que é moi difícil.
Comentanos por último o seu adestrador que as catro claves de Gabriel son unhas condicións innatas, predisposición pra os adestramentos, unha cabeza moi ben asentada para a súa idade e o apoio incondicional dos seus pais.
Nova cortesía de Celso Barro, Antonio Montes, Antón Ferreiro e Xose Ferreiro.