GOENTE VOLVEU A ENCHERSE DE PÚBLICO NA CELEBRACIÓN DAS SÚAS FESTAS DO ROSARIO

Coa a celebración do Rosario nas parroquias da Faeira, hai quince días, e Goente, esta fin de semana, remataron as festas patronais do verán das distintas parroquias e lugares do concello de As Pontes. Precisamente, estas dúas parroquias celebraron con gran éxito de público as súas tradicionais festas patronais na honra á Nosa Señora do Rosario.
Na Faeira non lembran unha verbena do sábado con máis de seis mil persoas de tódalas idades para ver o espectáculo e música das orquestras Panorama e Olympus, así como a do venres con Marbella e Chylava.
En Goente tampouco foi menos, xa que repetiron actuación Marbella e Olympus, ademais de Foliada, Panamá e Xente Nova, concentrándose no campo da festa enfronte da igrexa parroquial milleiros de persoas procedentes de distintos lugares da comarca. A Coral Airiños da Capela actuou na misa cantada do domingo.
Unhas festas do Rosario que este ano tiveron como novidade unha alfombra floral que tiña como alegorías un rosario, pombas da paz e os montes do Forgoselo coas súas colmeas. Hai que lembrar que a pasada semana celebrouse nesta mesma parroquia a 3ª Feira do Mel e do Queixo con asistencia de numeroso público. Sen lugar a dúbidas, a boa climatoloxía influíu para que os amantes das festas acudisen en gran número a estas tradicionais festas do Rosario.
goente_0001.jpg


A PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE GOENTE
Está situada ó oeste do concello limitando co da Capela e as parroquias de Seixo, Vilavella, Ribadeume, A Faeira e Eume. É a segunda parroquia máis poboada do concello de As Pontes despois da da capital municipal, con 224 (hai século e medio a parroquia de San Martiño de Goente contaba con 40 veciños e practicamente os mesmos habitantes, 223), que viven nos lugares do Ar (10), As Caibancas (4), Ferreiras (6), A Pena do Millo (7), O Palmeiro (7), A Pena do Tizón (19), O Picovello (6), O Piñeiral (8), O Porto dos Frades (9), Regalados (11) e Goente, que está considerado como núcleo de poboación, con 136 habitantes, comprendendo os lugares do Empalme, A Cabana, Os Ameneiros, Os Sánchez, A Igrexa, Porto Liñares e As Congostras.
Pertence ó arciprestado de Bezoucos e diocese de Santiago de Compostela. Bezoucos abrangue as parroquias dos concellos de Ares, Cabanas, Capela, Fene e Mugardos e as pontesas de Bermui, A Faeira, Goente, Ribadeume, San Pedro de Eume e Seixo.
Na década dos anos oitenta do século pasado varias foron as aldeas (Cornas, Meizoso, O Pazo, O Seixo, O Val e A Veiga) que desapareceron por mor da expansión da mina de carbón. Ocupa unha superficie total de dezasete quilómetros cadrados.
Está bañada polos regos do Seixo, A Capela, O Val e Palmeiro. É unha parroquia montañosa con elevacións superiores ós 500 metros, destacando o Fontardión (665 m), a Pena da Auga (605 m) e o Pico de Laurentín (508 m).
A igrexa parroquial, situada no núcleo de Goente, é de construción antiga, aínda que o campanario, de dúas espadanas, é máis recente. Na súa fachada hai unha placa adicada a Eduardo Ferreiro García, o cura que durante case cincuenta anos foi párroco desta parroquia (1941-1990), onde era moi querido e apreciado polos seus fregueses.
Na parroquia contabilízanse catro cruceiros. O principal, situado no adro da igrexa, é de crucifixo, plataforma cadrangular e cruz circular, tendo no anverso o Cristo crucificado e no reverso a Virxe en actitude de orar e o seu material é de granito. A uns metros do anterior á beira da estrada hai outro de plataforma e cruz cadrangular, tendo no anverso o Cristo crucificado e sen imaxe no reverso. Enfronte da capela de San Roque do Val, reconstruída no lugar das Congostras enfronte do novo cemiterio, atópase un de cruz con plataforma cadrangular e cruz octogonal. Finalmente, dentro do cemiterio, existe un de plataforma cadrangular e cruz cadrangular con sudario.
No lugar do Empalme, no cruce da estrada da Faeira, está o restaurante Casa Díaz, fundado en outubro de 1970, moi coñecido na comarca pola súa comida caseira, sendo as súas especialidades o peixe sapo en salsa e os callos.
Goente , 17 de outubro de 2010 (AF)
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
goente_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios