Este sábado terá lugar de mans da escola politécnica de enxeñaría de Ferrol e da escudería As Pontes motorsport a primeira carreira green power Iberia na comarca.
A cita Pontesa constará de dúas das tres categorías habituais, a F24 (9 a 16 anos) e a F24+ (maiores de 16 anos) nas que competirán por selo máis eficiente 10 equipos de Galicia, Asturias, Cantabria e Madrid.
Os vehículos participantes deberán levar todos o mesmo motor (24voltios, 240 watios e 2000 rpm) e baterías ( Yuasa REC36, 12 voltios e 35 amperios hora). Tamén se pode participar cun kitcar de greenpower que xa inclúe toso iso.
As probas constan no caso da F24, de 2 mangas de 90 minutos con un mínimo dun cambio de piloto, donde cada piloto podrá conducir un máximo de 45 minutos ininterrumpidos. Entre cada manga haberá un parón de 2 horas, momento no que teñen lugar as dúas mangas de 60 minutos cada unha de F24+. No caso da cita Pontesa tan só se disputarán unha manga de cada categoría.
A proba dará comezo ás 10 da mañán no circuito de karts de As Pontes e rematará ás 6 da tarde deste sábado 8 de xuño.
Fotos cortesía de As Pontes motorsport