Inconformismo e defensa da liberdade nos Príncipe de Asturias

Lendo elmundo.es:
“Poucas veces os galardoados dos Premios Príncipe de Asturas tiveron tan en común o inconformismo e a defensa dos máis débiles. Esa é a impresión que se desprendeu do solemne acto de entrega destos Premios, cos que un ano máis, e van 23, o escenario do Teatro Campoamor de Oviedo se encheu do talento procedente de nove países distintos.”…


…”Joanne Kathleen Rowling, nun contundente e breve discurso, defendeu a moralidade de Harry Potter, o neno mago que lle fixo vender 250 millóns de libros en sesenta idiomas, e atacou a intolerancia, a crueldade e a corrupción.
O filósofo alemán Jürgen Habermas e as escritoras Fatema Mernissi, de Marrocos, e Susan Sontag, de Estados Unidos, defenderon, cada un á súa maneira e con distinta sorte, as ventaxas do diálogo e a necesidade de evita-la violencia nas relacións internacionais.
O embaixador de Francia en España, Olivier Schrameck, e o presidente do grupo Amaury, Patrice Clerc, anunciaron que doarán o 50% do Premio Príncipe de Asturias dos Deportes obtido polo Tour de Francia á Asociación de Víctimas contra o Terrorismo.
O presidente brasileiro, Luiz Inázio Lula da Silva, foi seguramente, entre os premiados, o orador que chegou ó público con máis facilidade xa que, coa súa voz harmoniosamente ronca, lanzou mensaxes tan claros coma ‘a fame non pode esperar’, ou ‘a desigualdade é un mal que ten cura’.
Lula da Silva, nun acto imprevisto, quixo ofrecer un xesto de claridade administrativa cando, ó recebe-lo seu premio de mans de Don Felipe lle deu á súa vez unha gran foto na que facía entrega na ONU a Kofi Anan do cheque de 50.000 euros co que está dotado o galardón.
As simpatías que desperta o mandatario brasileiro poderíanse resumir nunha pancarta exhibida nun balcón cercano ó teatro nel líase un escueto ‘Lula mola’.
Á hora de aplaudir, sen embargo, o público deixou cálida constancia de que non esquenceu os bos momentos que lle brindou Miguel Indurain coas súas cinco victorias no Tour entre 1991 e 1995.
O periodista de culto polaco Ryszard Kapuscinski, o teólogo da liberación peruano Gustavo Gutiérrez, a etóloga británica Jane Goodall, e o artista español Miguel Barceló, que contemplaban o elenco de premiados, limitáronse, dende os seus asentos, a disfrutar do espectáculo que supon esta consolidada ceremonia.
Un acto que, como en cada unha das súas edicións, contou coa entusiasta presencia dende un palco da raiña, que viaxou esta mañá ata Oviedo despois de chegar a Madrid a noite pasada da viaxe de estado que, xunto ó rei, realizou durante cinco días a Siria, Bahrein e Qatar.”
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios