INSCRICIÓNS NOS EQUIPOS DE BASE DO ESTEO FS

Ábrese o período de inscricións para os máis pequenos

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo FS xa está a planificar a campaña 2018-19, non só no primeiro equipo, senon tamén nos conxuntos de base.

Dende este martes 10 e ata o vindeiro día 21, os cativos que xa xogaron a campaña pasada no clube, poden reservar a súa praza, mentres que o período para novas altas comezará o luns día 23.

Pódese realizar a solicitude neste correo, inscripciones.oesteofs@gmail.com, e para calquera dúbida pódese chamar a Javi Saa (677 46 61 90).

As tarefas e formas de pago aparecen no seguinte documento que vai a continuación.

Nova cortesía Moisés Fernández e XF

También podría gustarte
Comentarios