Gran fin de semana de Futsal Base vivido nas Pontes co IV TORNEO DE FUTSAL FEMININO LAGO DAS PONTES
Dous días moi intensos onde se manifestou na pista o compromiso, compañeirismo e a ilusión que caracterizan ao Fútbol sala de base.
Desde LAGO Sport queremos agradecer a colaboración do Concello das Pontes, da Deputación da Coruña, Xunta de Galicia, así como a participación de patrocinadores e establecementos que colaboraron para que este evento puidese celebrarse.
MOITAS GRAZAS ao noso espectacular grupo de traballo polo seu esforzo e dedicación, sen eles nada disto sería posible.
Temos que agradecer tanto aos clubs, aficcionados e deportistas a súa participación e comportamento durante todo o torneo. Un exemplo de convivencia e camaradería na pista e as bancadas. GRAZAS !!
Para finalizar dar a parabéns a todas as deportistas polo rendemento e deportividade demostrados durante o torneo.
Grazas a todos e vémonos o ano que vén !!!
Compartimos os resultados dos partidos e a galería de imaxes.
CADETE
4°Clasificado: Lugo Sala
3°Clasificado: Vilalba F.S.
2°Clasificado: FSF Castro
1°Clasificado: Lago Sport
Mellor Porteira: María (FSF Castro)
Mellor xogadora: Laurita (Lago Sport)
INFANTIL
4°Clasificado: Burela F.S.
3°Clasificado: Ribeira F.S.
2°Clasificado: Lago Sport
1°Clasificado: Lugo Sala
Mellor Porteira: Natalia (Lugo Sala)
Mellor xogadora: Alexia (Lugo Sala)
ALEVÍN
4°Clasificado: Ribeira F.S.
3°Clasificado: Burela F.S.
2°Clasificado: O Parrulo
1°Clasificado: FSF Castro
Mellor Porteira: Andrea (O Parrulo)
Mellor Xogadora: Antía (FSF Castro)
BENXAMÍN
3°Clasificado: Lago Sport
2°Clasificado: Burela F.S.
1°Clasificado: FSF Castro
Mellor Porteira: Zara (Burela F.S.)
Mellor xogadora: Alma (FSF Castro)
Nova cortesía Diego Vinicius. Fotos partidos cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Diego Vinicius. Fotos partidos cortesía Xose Ferreiro