Despois da feira semanal do luns, a xornada do martes estivo adicada a coñecer o entorno da vila bretona: unha pequena marcha polo comezo do camiño bretón de Santiago e pequenas paradas en vilas turísticas coma Saint Pol de Léon ou Roscoff.
O mércores centrarase nas actividades de aire libre coma o fútbol ou a petanca, nas que participarán os ponteses que participan no Irmanamento coma os bretóns que os acollen nas súas casas e moitos outros veciños de Lesneven.
As imaxes mostran os diferentes lugares visitados, momentos cotiáns na vila e mesmo lugares que coñeceron pola súa conta algúns dos viaxeiros.
Lesneven, 10 août 2004
Textos: Xose Alberte
Fotos: Hugo Arias e Xose Alberte