Día glorioso da canteira pontesa o desta mañá no Campo Artificial pois o Cadete conseguiu o título de Liga de Ferrol, o mellor dos 26 equipos participantes, tras un triunfo moi sufrido 1-0 que non se celebrou ata que o árbitro pitou o final, cun solitario tanto de Iván Golpe de cabeza no inicio do segundo período.
O Portuarios fixo o seu traballo e gañou 0-2 en Caranza pero o triunfo azul fai que ambos equipos empaten a 61 puntos e pese a que os ferroláns teñen un saldo de goles de +73 por +48 dos ponteses, o 0-1 en Aneiros e o 0-0 no Evaristo Puentes fai que os ponteses gañen a Liga polo goal average particular entre ambos equipos.
Sensacional temporada do equipo pontés con 20 triunfos, un empate e unha única derrota en Caranza, con 66 goles a favor por apenas 18 en contra, o que menos. Na fase previa tamén tiñan un saldo de once vitorias por apenas dous empates ante Mugardos e Numancia, 35 puntos, con 56 goles a favor e 7 en contra. Polo que en total contabilizan 31 vitorias, 3 empates, 1 derrota, 122 goles a favor, 25 en contra, e 96 puntos.
Xogaron hoxe polos de Jose Luis García; Daniel, Lucas, Iago, Jose, Alex, Felipe, IvánG, Xavi, Xalo, Alexander, IvánR, e na segunda parte Martín, Xandre, Xoel, e Naúl.
Nova cortesía de Xose Ferreiro
Nova cortesía de Xose Ferreiro