LIGA GALEGA CADETE. OS TRES MONOS LAGO DVSPORT 6 – HORMIGONES LARACHA O PARRULO B 7

Partido este domingo á noite no Monte Caxado

Derbi o vivido este domingo á noite no Monte Caxado entre o equipo Cadete do Lago e O Parrulo.

Non tiveron o seu mellor día os locais que perderon 6-7 ante o Parrulo, antepenúltimo e undécimo clasificado, pero equipo moi peleón, que salvo o 5-4 foi sempre por diante.

Goles de Sergio Vázquez (2), Hugo Cartelle, Destaw Pellón, Alejandro Díaz e Xavi Regueiro. Son quintos con 37 puntos antes de visitar ao Concello de Begonte, noveno.

Xogaron Anxo, Destaw, Hugo, Sergio, Daniel; David, Xavi, Nicolás, Alejandro e Adrián.

Nova cortesía de Xose Ferrerio

También podría gustarte
Comentarios