Contra un rival moi poderoso se enfrontou este domingo á mañá o Infantil feminino pontés, en partido arbitrado polo locatario Iago Expósito Fraga, o mítico Victoria coruñés, que lidera a táboa con pleno de seis triunfos.
As azuis son sextas con 7 puntos, que se resumen en dúas vitorias ante Torre (13-0) e Batallador (2-4), un empate, Santa Cruz (2-2), e tres derrotas, a de hoxe, ante Silva (1-2) e Milagrosa de Lugo (12-1). Próxima visita ao Orzán B, cuarto con 9 puntos.
Xogaron polo equipo dirixido polo tándem Iván-Alberto; Alicia Fontao, Rocío Cal, Andrea Martínez, Alejandra Criado, Sara Santalla, Martina García, Ángela Pena, Alejandra Teijeiro, Mari Jose Otero, Enma González, Mariana Fernández; Zaira Acosta, Sheila Magdaleno, Noa Pérez Sendín, Afolarin Keninde, Lía Giz.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro