Amigus
As Pontes

Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

O vindeiro domingo día 13 de Maio disputarase a penúltima xornada da tempada na Liga Local de Futbol Sala de As Pontes. Unha liga onde prácticamente xa están decidas as posicións que ocupará cada equipo, salvo que haxa algunha sorpresa de última hora.

Esta xornada número 21 arrincará como sempre as catro da tarde có enfrontamento entre o UB2 Group-Pub Plaza e o Husse-Barbarroja encontro no que ámbolos dous equipos loitaran pola vitoria a pesar de que xa non se xogan nada, tan só o feito de gañar.

A continuación Colormix e Ribadeume Futsal veranse as caras nun encontro onde os dous conxuntos buscaran a vitoria dende o inicio do mesmo para meterlles presión aos equipos que os preceden na clasificación. Por un lado o Colormix que busca asegurarse a segunda posición e meter presión ao líder mentras que os Ribadeume tentaran facer o mesmo para loitar pola cuarta praza na que están empatados a puntos con Os Tritós-Desguaces Vilabella.

Ás seis da tarde O Esteo F.S. “B” e o Novostylo Peluqueros enfrontaranse nun encontro no que pase o pase os de Vilalba continuaran e remataran a liga sendo terceiros mentras que unha vitoria de O Esteo podería facelo subir algún posto na clasificación pero teno complicado porque o seu rival neste encontro e o favorito a levarse a vitoria final a pesar de non xogarse nada.

Ás sete da tarde A Cova dos Trasnos, líder da competición, medirase ao colista o Matojoma NG UB2 F.S. nun encontro que se prevé de seguro nunha goleada de escándalo por parte do líder.

E para rematar esta penúltima xornada as oito do serán Os Tritós-Desguaces Vilabella e Pub Mania-Las Torres disputaran un duelo onde os de Saa parten como favoritos á vitoria final pero non deben confiarse dun Pub Mania-Las Torres que nas últimas xornadas está a amosar unha melloria no seu xogo.

A continuación deixamosvos cós horarios dos emparellamentos desta xornada número 21, penúltima do campionato.

Ás 16:00 h. UB2 GROUP-PUB PLAZA – HUSSE-BARBARROJA
Ás 17:00 h. COLORMIX –RIBADEUME FUTSAL
Ás 18:00 h. O ESTEO F.S. “B” – NOVOSTYLO PELUQUEROS
Ás 19:00 h. A COVA DOS TRASNOS – MATOJOMA NG UB2 F.S.
Ás 20:00 h. OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA – PUB MANIA-LAS TORRES
DESCANSA – ANDAINA-CENTRO FUTBOL

Nova cortesía de Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios