Liga Local de Futbol Sala de As Pontes Tempada 2017/2018

O vindeiro Domingo día 12 terá lugar a disputa da terceira xornada da Liga Local de Futbol Sala.

O vindeiro Domingo día 12 terá lugar a disputa da terceira xornada da Liga Local de Futbol Sala, xornada na que se pode desfacer o triple empate na cabeza da táboa clasificatoria xa que as 20:00 h. enfrontanse dous dos equipos colíderes como son o Ribadeume Futsal e Novostylo Peluqueros nun encontro no que parten como favorito os vilalbeses pero non se deben fiar dun Ribadeume que esta tempada está a ser unha das sorpresas do campeonato con duas victorias nos dous encontros que van disputados ata o momento.

O terceiro equipo en discordia é o Colormix que pode pescar en rio revolto porque no caso de gañar o seu encontro ao Andaina-Centro Futbol podería ser líder en solitario se o encontro entre o Ribadeume Futsal e Novostylo Peluqueros remata en empate.
Abrirán a xornada A Cova dos Trasnos e o UB2 Group-Pub Plaza onde o primeiro parte como favorito á victoria.

A continuación mediranse O Esteo F.S. e os Tritós-Desguaces Vilabella onde os dous equipos buscaran a victoria para non quedar descolgados dos primeiros postos no caso de O Esteo e de inagurar o seu casilleiro de puntos no caso de Os Tritós-Desguaces Vilabella.

No encontro das seis da tarde o Husse-Barbarroja parte lixeiramente como favorito ante o Pub Mania-Las torres que a pasada xornada se retirou no seu partido por falta de xogadores.

Os horarios dos emparellamentos desta xornada nº 3 son:

16:00 h. A COVA DOS TRASNOS – UB2 GROUP-PUB PLAZA
17:00 h. O ESTEO F.S. “B” – OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA
18:00 h. HUSSE-BARBARROJA – PUB MANIA-LAS TORRES
19:00 h. COLORMIX – ANDAINA-CENTRO FUTBOL
20:00 h. RIBADEUME FUTSAL – NOVOSTYLO PELUQUEROS
DESCANDA – MATOJOMA NG UB2 F.S.

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios