A xogadora pontesa Malena Mieres García entrou na lista definitiva para o Campìonato de Europa sub19 que se disputará en Suiza na segunda quincena de Xullo.
Malena entrara na preselección de 24 xogadoras, das que finalmente caeron hoxe a porteira María Subíes, a defensa Alba Pérez, a medio Laura Gutiérrez e a dianteira Lorena Navarro, máxima goleadora no Mundial Sub17 de Xordania 2016.
As 20 convocadas definitivas son, en portería María Echezarreta (Oviedo) e Malena Mieres (Deportivo), e en defensa Oihane Hernández (Bilbao), Laia Codina e Anna Torrodá (Barcelona), Natalia Ramos e María Jiménez (Levante).
Na zona media está Tere Abelleira (Deportivo), xunto a Itziar Pinillos e Rosa Otermin (Atlético), Athenea Del Castillo (Santander), Yasmine Katie (Madrid), Rosa Márquez (Betis) e Nerea Eizaguirre (Real Sociedad).
Arriba estarán Carla Bautista e Ana Marcos (Atletico), María Llompart e Elena Julve (Espanyol), Olga Carmona (Sevilla), e Alejandra Serrano (Valencia).
A selección seguirá adestrando ata o día 16 en que se desprazará a terras helvéticas. España xogará no Grupo A contra Noruega (18), Suiza (21), e Francia (24). O grupo B estará composto por Alemaña, Italia, Holanda e Dinamarca. Os dous primeiros de cada grupo xogarán as semifinais o día 27, sendo a final o 30.
Alemaña é o país con máis títulos, con seis, por catro de Francia, tres de Suecia, dous de España (máis cinco subcampionatos), e un de Dinamarca, Rusia, Italia, Inglaterra e Holanda.
Malena é a segunda xogadora de As Pontes en acudir a un Campionato Europeo coa Selección Española, despois de David Rochela, que xogou o Europeo sub17 Bélxica 2007 (campión), o Mundial Sub17 Corea do Sur 2007 (subcampión) e o Europeo sub19 Ucraina 2009.
Nova cortesía de Xose Ferreiro