Mañá mércores coñecerase cal é o gañador desta edición de Operación Triunfo, ao que optan os cinco finalistas, Natalia, Alba, Famous, Julia e Sabela.
Durante a Gala Sabela cantará a canción Tris Tras, de Marful, e de conseguir ser unha das tres concursantes con máis porcentaxe de votos cantaría por último a mesma canción da Gala cero, Bachata Rosa, de Juan Luis Guerra.
Para estas últimas horas de Sabela na academia prégase o máximo apoio do pobo pontés. A fórmula de votos é a mesma que se ven levando a cabo durante todo o concurso agás na semifinal da semana pasada cando só se puido votar durante unha hora.
Pódese votar unha vez ó día mediante a app gratuita de OT 2018, ou en calqueira momento do día mandando un sms ao 25152 coa mensaxe “Gana Sabela”, cun custe de 1,45 E, ou chamando ó teléfono 905 810 005, cun custe de 1,45 E dende o fixo e 2 euros dende o móvil.
Tamén, durante a Gala Final, o Concello habilitará o Cine Alovi para que os ponteses poidan presenciar a gran final.
